Catro meses levo sen pasar por
aquí. Moito traballo, pouco tempo, outros medios...
Sempre que leo ou escoito a
Gentili, sinto desexo de compartilo e comparto no facebook, pero non é
o mesmo.
Pablo
Gentili (Bos Aires, 1963) é un dos máximos expertos mundiais en
educación e inclusión social. Na actualidade é Secretario Executivo do
Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO) e profesor da
Universidade do Estado de Río de Janeiro (Brasil). Coordina o
Observatorio Latinoamericano de Políticas Educativas e foi un dos
fundadores do Foro Mundial de Educación, iniciativa do Foro Social Mundial. Mantén o blogue Contrapuntos do que son seguidora.
Levo
tempo cavilando sobre un seu artigo, "La exclusión y
la escuela: el apartheid educativo como política de ocultamiento" (revista Docencia nº 15), que me deixou moi impresionada e
que analiza o papel da escola na exclusión social a partir dun
zapatiño perdido. Casualmente topeime hoxe cunha presentación en
YouTube, texto e audio (non é a súa voz) Coido que o mellor e
compartila
Con este breve vídeo podemos facernos unha idea de como é e como pensa.
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
25/4/15
14/12/14
NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA DO CAFI
Na biblioteca do CAFI reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido
CFR de Santiago. Dende hai tres anos o departamento (unipersoal) de
bibliotecas escolares vense ocupando da selección dos fondos
existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación,
da organización dos materiais e da actualización da colección.
Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado
se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.
A nosa intención é
formar unha biblioteca útil para o profesorado. Como o espazo físico
do que dispoñemos é moi limitado, e o mesmo se pode dicir do
orzamento, cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais
e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de
recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest e no scoop.it
do departamento.
16/11/14
BIBLIOTECA ESCOLAR E PROXECTOS DOCUMENTAIS
Este luns, 17 de novembro, comeza na
EGAP (Santiago de Compostela) un curso sobre proxetos documentais en
biblioteca escolar que trata de dar resposta ás demandas, xa de
vello, do profesorado e que se incrementaron co concurso de TRABALLOSPOR PROXECTOS, convocado no pasado marzo poa dirección Xeral de
Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria dentro do PLAN LIA 2010/15, no que
resultaron premiados proxectos de variada temática; este ano centrose unha das modalidade na ciencia. .
Na resolución do concurso, de 30 de outubro, foron galardoados 16 centros:
- Na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, coordinados pola biblioteca escolar:
- No apartado de temática xeral:
- A alimentación, do CEIP Mestres Goldarde Vigo
- Bergondo nun conto, do CPI Cruz do Sar de Bergondo
- E Agromará outro bosque, do CPI SuárezMarquier de O Rosal.
- No apartado de ciencias
- Riada de libros, do CEIP Agro do Muíño de Ames.
- As plantas, do CEIP Espiñeira-Aldán de Cangas.
- Medindo e contando, do CEIP P.Alexandre Bóveda de Redondela.
- Na modalidade de Proxectos de Investigación de Grupo ou Nivel
- No apartado de temática xeral:
- En marzo pintamos con Miró, da EEI deVide, As Neves
- Mulleres con valor, do IES Xoán Montes de Lugo.
- No apartado de ciencias
- Comesán 2014. Aprendo a investigar, CPI S.Vicente, A Baña.
- Viaxe polo universo, CEIP A Rúa, Cangas.
- Na modalidade de Proxectos de Investigación de Ciclo/Departamento
- No apartado de temática xeral:
- Tralas pegadas do home na historia, doCEIP Porto de Cabeiro de Redondela
- Proxecto Chuny Vázquez do CEIP ManuelRodríguez Sinde de A Guarda.
- No apartado de ciencias
- Arte da natureza do CPI Virxe da Saleta de Cea, Ourense
- O niño de Cecilia do CEIP Juan Rey de Lourenzá, Lugo.
- No apartado de temática xeral:
- Danzas tradicionais de Cangas, do IESMontecarrasco de Cangas
- No apartado de ciencias
- Xogos, do CPI Cernadas de Castro de Lousame.
15/11/14
NON DOU FEITO
Non dou feito.
Este é o pin que me regalaron as profesoras do IES Lois Peña Novo de Vilalba , durante as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.
Supón moito traballo poñer en marcha esta actividade, é certo que tanto na Asesoría de bibliotecas escolares coma no departamento de bibliotecas escolares do CAFI non damos feito. Pero compensan os resultados ao comprobar a resposta do profesorado, veríficada nas enquisas de avaliación, e ver os resultados do labor do profesorado nas bibliotecas escolares galegas.
Os materiais e vídeos desta actividade estarán dispoñibles para todo o profesorado no espazo Moodle da Asesoría de bibliotecas escolares: redeBE.
Este é o pin que me regalaron as profesoras do IES Lois Peña Novo de Vilalba , durante as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.
Supón moito traballo poñer en marcha esta actividade, é certo que tanto na Asesoría de bibliotecas escolares coma no departamento de bibliotecas escolares do CAFI non damos feito. Pero compensan os resultados ao comprobar a resposta do profesorado, veríficada nas enquisas de avaliación, e ver os resultados do labor do profesorado nas bibliotecas escolares galegas.
Os materiais e vídeos desta actividade estarán dispoñibles para todo o profesorado no espazo Moodle da Asesoría de bibliotecas escolares: redeBE.
1/10/14
Catro centros galegos nos premios á Alfabetización Audiovisual
O proxecto Cineando ilusións do CEIP A Rúa de Cangas recibiu o primeiro premio, na categoría de Primaria, nos premios á Alfabetización Audiovisual convocados polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través do Instituto da Cinematografía e las Artes Audiovisuais (ICAA).
Na categoría de Secundaria o proxecto premiado foi a curta Persoas do IES de Cacheiras de Teo con banda sonora do Conservatorio de Santiago e a colaboración da Compañía Chévere.
Concedeuse un premio adicional ao Proxecto Socheo do IES A Sangriña, A Guarda;
Tamén unha mención especial para o traballo Fraguando a diversidade, presentado polo IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela.
Na categoría de Secundaria o proxecto premiado foi a curta Persoas do IES de Cacheiras de Teo con banda sonora do Conservatorio de Santiago e a colaboración da Compañía Chévere.
Concedeuse un premio adicional ao Proxecto Socheo do IES A Sangriña, A Guarda;
Tamén unha mención especial para o traballo Fraguando a diversidade, presentado polo IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela.
Etiquetas:
Educación,
innovación.,
premios audiovisual
10/9/14
Dispositivos do país.
Teléfonos, tabletas, lectores...
Hoxe a prensa internacional recolle a presentación do novo aparello de Aplle.Normal..
Non vou falar mal de ningún destes dispositivos, vivo no século, pero... non caeremos nun certo papanatismo á hora de escoller?
O meu lector é un bq-Cervantes. Barato, cómodo, con posibilidade de interfaz en galego. bq, unha empresa 100% española (informan na súa web) produce tamén smartphones, tabletas, impresoras3D e robótica educativa. Van estupendamente as tabletas de Primux tech,unha compañía galega, dedicada á fabricación de dispositivos con técnoloxía Android.
Hoxe a prensa internacional recolle a presentación do novo aparello de Aplle.Normal..
Non vou falar mal de ningún destes dispositivos, vivo no século, pero... non caeremos nun certo papanatismo á hora de escoller?
O meu lector é un bq-Cervantes. Barato, cómodo, con posibilidade de interfaz en galego. bq, unha empresa 100% española (informan na súa web) produce tamén smartphones, tabletas, impresoras3D e robótica educativa. Van estupendamente as tabletas de Primux tech,unha compañía galega, dedicada á fabricación de dispositivos con técnoloxía Android.
1/9/14
Biblioteca escolar. Os proxectos documentais no CAFI
Neste primeiro trimestre do curso celebraremos no CAFI, en Santiago de Compostela, o curso S1401067 Biblioteca escolar. Os proxectos documentais no que traballaremos sobre a aprendizaxe baseada en proxectos e o papel da biblioteca escolar no desenvolvemento das competencias.
Esta infografía do CFR de Pontevedra aporta un punto de partida para orientarnos na temática que se abordará neste curso.
Esta infografía do CFR de Pontevedra aporta un punto de partida para orientarnos na temática que se abordará neste curso.
Etiquetas:
Bibliotecas,
Bibliotecas Escolares,
CAFI,
Curso,
proxectos
22/4/14
23 e 25 de abril: un libro e un caravel.
O Día Internacional do Libro, a Revolución dos Cravos. Mafalda, o Zeca. Tanto por ler, tanto por escoitar, tanto por aprender e facer...


19/4/14
LUZES, nova revista galega.
Levo tempo pensando en redactar unha entrada sobre a revista LUZES, pero, sempre que me poño a pensar en como facelo ou que dicir, teño a sensación de estar a facer un anuncio publicitario.
‘Luzes’ brilla en su estreno, titulaba El PAÍS o 13 de decembro de 2013 e Praza Pública celebraba o
E tamén que resulta doada de ler: é amena, variada e interesante. Por agora manteñen unha alta calidade nos artigos asinados por boas e bos profesionais e alternando unha gran variedade de temas.
Por se non fora abondo é unha revista galega, en galego e de calidade; hai tan pouco do que botar man que non nos podemos permitir o luxo de deixar caer esta magnífica publicación.
Parabéns e boa sorte LUZES.
‘Luzes’ brilla en su estreno, titulaba El PAÍS o 13 de decembro de 2013 e Praza Pública celebraba o
Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban.
O que si vos podo asegurar, a quen non a vira é que é unha publicación preciosa, realmente fermosa.E tamén que resulta doada de ler: é amena, variada e interesante. Por agora manteñen unha alta calidade nos artigos asinados por boas e bos profesionais e alternando unha gran variedade de temas.
Por se non fora abondo é unha revista galega, en galego e de calidade; hai tan pouco do que botar man que non nos podemos permitir o luxo de deixar caer esta magnífica publicación.
Parabéns e boa sorte LUZES.
Etiquetas:
galego.,
Luzes,
Manuel Rivas,
revista,
xornalismo,
Xosé Manuel Pereiro
26/2/14
ELOS: REVISTA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Nun
contexto de Literatura Infantil e Xuvenil de tan alta calidade como o
que temos en Galicia bótanse de menos análises académicas,
reflexións teóricas de peso.
No
ano 2006 a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edita a GUÍA
: EU
LEO PORQUE ME PETA, dentro da campaña de lectura que tiña por
lema HORA DE LER,
con textos do colectivo Acatrotintas
formado por Mayte Leis, Cristina Novoa, Magdalena de Rojas e Juana
Vázquez. Nesta guía as autoras fan unha reflexión seria e ben
fundamentada sobre o libro, a lectura e os contos; aportan tamén
bibliografía, webgrafía e propostas de traballo.
En
decembro de 2008 Isabel Mociño González publica no blogue Crítica
literaria da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega o
artigo: “Novos
modos de análise. Investigación” sobre a presencia da LIX no
ámbito da investigación académica, no que fai unha reflexión moi
interesante sobre o tema:
"En canto á bibliografía
significativa é aínda insuficiente, pois obsérvase que as obras
canonizadoras por excelencia (historias literarias, dicionarios,
antoloxías, etc.) son moi contadas".
Hoxe
podemos atopar na rede espazos de moita calidade sobre literatura
infantil e xuvenil, na maioría recóllense informacións sobre novas
publicacións, reseñas e comentarios.
Necesitamos
algo como El
jardín secreto, un artigo de Ana Garralón para un monográfico
sobre libros para a infancia na revista Letras
Libres.
“Los
niños rápidamente aprenden a distinguir el lenguaje coloquial del
lenguaje literario. El libro es una realidad física, un delicado
objeto lleno de promesas en cuyas páginas hay un jardín secreto".
Ana
Garralón recupera a Bruno Bettelheim e o Psicoanálisis
de los cuentos de hadas,
para definir como a psique dos cativos se verá influída polos
marabillosos mundos dos contos. E
como, por medio dos contos populares, os pequenos aprenden a afrontar
a súa
evolución física, psíquica e intelectual e a incorporarse á
sociedade.
Neste
momento anúnciase o nacemento de ELOS, Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, unha
publicación científica de periodicidade anual editada polo Grupo
de Investigación LITER21
da Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía
Galega-Universidade de Santiago de Compostela. Espero con interese que a nova revista veña encher este baleiro.
A revista ofrécese en
galego, castelán, portugués e inglés. Como o Catálogo de literatura infantil e xuvenil, editado pola Xunta de Galicia tamén
en inglés. Por que non en catalán ou eusquera? É máis oficial ou
máis próximo o inglés? Xa non digo o portugués que, aínda que extranxeiro, está xa no xerme da iniciativa na Asociación galego portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil.
Etiquetas:
Ana Garralón,
Bettelheim,
ELOS,
Eu leo porque me peta,
Hora de Ler,
Isabel Mociño Gonzalez,
Letras Libres,
Literatura,
LIX
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















