Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
26/6/13
Sobre a reforma educativa, lonce, de Wert.
"A LONCE E O PROXECTO NEOLIBERAL" que Miguel Vázquez Freire publica na Revista Galega de Educación (nº56, 87-91) é, nas súas palabras "unha reflexión sobre o substrato ideolóxico sobre o que se sustenta a lei...", unha reflexión atinada, documentada e necesaria porque estamos caendo no rexeitamento de aspectos moi concretos (e rexeitables) e a ver se nos van facer esquecer o fundamental... Escribe Vázquez Freire que "A lei Wert, se finalmente é aprobada e executada, acabará con esta concepción da educación como un servizo público e un dereito do cidadán..." Ese vai ser o fondo da cuestión que, como observa tamén este autor, aparecía explicitamente no preámbulo do primeiro borrador no que, por outra parte, era notoria a "ausencia de calquera referencia a consideracións pedagóxicas"
Nos tempos da LOE insistíase moito en que os datos das Avaliacións Diagnósticas non se farían públicas e na importancia de facer unha valoración ponderada tendo en conta as circunstancias dos centros. Polo que parece non é ese o que preconiza a LONCE no que as probas avaliadoras parecen pretender en primeiro lugar culpabilizar ao alumnado do seu fracaso e clasificar aos centros en función dos resultados coas consecuencias que se poidan derivar.
Nova Escola Galega publicou en outubro de 2012 un NEG OPINA no que se analiza a reforma educativa do goberno de Rajoy e que convén ler.
Para profundizar nesta análise a revista Cuadernos de Pedagogía , número 435 de xuño de 2013 publica un monográfico sobre a LONCE, coordinado por José Luis Bernal Agudo, profesor titular da Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza.
Neste número destacados profesionais reflexionan sobre o sentido e oportunidade desta reforma educativa: No primeiro artigo, titulado Un nuevo escenario para la política y el negocio educativos, Stephen Ball (Institute of Education, University of London) e Francisca Corbalán (Departamenyto de Psicología, Universidad de Chile) afirman que a educación, en si mesma, está sendo redefinida como unha oportunidade de negocio; José Luis Bernal Agudo (Universidad de Zaragoza), no artigo Procesos de privatización, un camino hacia la desigualdad, lembra que a "escola pública cumpriu durante décadas un papel compensador das desigualdades actuando como mecanismo de cohesión social"; Enrique Javier Díez Gutiérrez (Universidad de León), analiza pormenorizadamente a nova xestión pública e conclúe que o discurso ideolóxico que se nos impón "apela á responsabilidade das propias comunidades educativas, culpabilizándoas da súa crise ou fracaso e inducíndoas a que sexan máis productivas"; Antonio Olmedo (Institute of Education, University of London), resalta no seu artigo como esta lei favorece a competitividade en contra da cooperación; Julián Luengo Navas e Geo Saura Casanova (Universidad de Granada), no artigo Nuevas formas de mercantilizar la educación, escriben "Principios como a igualdade, a solidaridade, a participación, a cohesión, a xusticia social ou o benestar común, valores que definen e conforman a identidade da escola pública para todos e todas, foron desterrados; Por último Cristina Díez Pampliega (Delegación de Vallecas da Federación de APAS da Comunidade de Madrid, Francisco Giner de los Ríos) aporta datos contundentes de escolarización e distribución do alumnado e conclúe que se está a favorecer a escola concertada e perxuizo da pública e creando guetos educativos, feito que xa foi denunciado polo Consello de Europa.
21/6/13
A PUBLICIDADE
"http://www.flickr.com/photos/albertini/4160416026/" |
Xa o cantaba Alberto Pérez con La Mándrágora, na fermosa canción Nos ocupamos del mar:
"Raro es que la verdad, mediante publicidad
alguna vez se abra paso, por si acaso
ahora es la oportunidad cuando el público hace caso".
alguna vez se abra paso, por si acaso
ahora es la oportunidad cuando el público hace caso".
Exemplo de magnífica publicidade é este vídeo da editorial Random House Mondadori:
Etiquetas:
Alberto Pérez,
La Mandrágora,
lectura,
Ler,
libros,
Publicidade,
Random House Mondadori
16/6/13
Publícase en galego A asasina, do autor grego A. Papadiamandis
Na Grecia do século XIX, posterior á Guerra de Independencia contra o Imperio Otomán, nunha sociedade patriarcal e miserenta non había peor desgracia que nacer muller.
"Cando era nena servira para os seus pais, cando casara convertérase na escrava do seu home [...]. Cando pariu fillos, converteuse na súa criada; cando os fillos pariron fillos, converteuse de novo na serva dos netos."
Este é un dos pensamentos que asaltan á protagonista desta pequena, pero intensa novela de Alexandros Papadiamandis, A Asasina, publicada en galego pola editora Hugin e Munin e excelentemente traducida por Susana Losada e M. Olivar.
"As nenas teñen sete vidas, pensaba a vella. Dificilmente enferman e raramente morren. [...]Mesmo as nenas de casa grande morren máis facilmente ca as innumerables femias da pobreza"
As mulleres eran o chanzo máis baixo dunha sociedade de miseria, nunha terra fermosa e pobre, e unha carga para as familias que debían proveer ás fillas dunha xenerosa dote para poder casalas.
En épocas de crise económica triunfan e impóñense as ideoloxías máis totalitarias e a condición feminina sofre un proceso de degradación.
A Frangoianis, tola ou non, unha muller forte e intelixente, rebélase contra a inxusticia e o fado que sofren ela e máis a súa familia.
Referíndose aos monxes, opina: Que felices eran eses homes; axiña, dende unha pronta idade, como por inspiración divina, comprenderan que era o mellor que podían facer, é dicir, non traer outros infelices a este mundo!

14/6/13
Fóisenos "Pico": gran actor, gran profesional, gran persoa.
http://www.quepasanacosta.com/?p=19268 |
"Fixéchesnos rir, choramos contigo, enternecíchesnos, namorámonos de ti... canto nos deches, compañeiro! E agora... déixasnos? Non, nunca marcharás, sempre estarás con nós, en nós. Nos nosos platós, sobre as taboas dos nosos teatros, fronte as butacas dos nosos cines e, sobretodo, nos nosos corazóns e na memoria eterna dun país. Grazas amigo, ata sempre".
Culturagalega.org dedícalle un amplo e fermoso artigo, e fai un percorrido polo súa vida profesional,
Etiquetas:
cine,
Teatro,
Teatro galego,
Xosé Manuel Olveira "Pico"
8/6/13
OCNOS revista de estudios sobre lectura
OCNOS é unha revista semestral de libre acceso, que pretende difundir investigacións e estudos sobre lectura e escritura e sobre os procesos educativos, a promoción da lectura e os hábitos lectores. Ocnos diríxese especialmente a profesores, psicólogos, sociólogos, educadores sociais, filólogos, bibliotecarios e estudantes que poden ler, descargar, copiar, distribuír, imprimir, etc esta revista sen restriccións.
Etiquetas:
CEPLI.,
lectura,
Literatura,
Ocnos,
revista
Suscribirse a:
Entradas (Atom)