Mostrando entradas con la etiqueta Ler para aprender. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ler para aprender. Mostrar todas las entradas

2/5/12

Ler para aprender.

Alumnado mexicano da licenciatura de psicoloxía da UAEM traballa sobre a lectura para aprender. Estaría ben difundir este traballo polos centros universitarios do país e tamén polos CIFP e IES, aínda que nos nosos institutos vaise tendo xa conciencia na necesidade de ler.
 "El saber leer y la práctica de la lectura definen las condiciones del acceso a los conocimientos". "Sea cual sea la profesión que vayas a ejercer tendrás que leer montones de textos" Son dúas citas literais deste traballo, a segunda resulta especialmente interesante para os centros de Formación Profesional.

25/4/11

25 de ABRIL, e ...

MENOS MAL QUE NOS QUEDA PORTUGAL!...


Hoxe é 25 de abril, aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal.
Antonte foi 23 de abril, Dia do Libro.
Coñecedes
"Vinte Cinco a Sete Vozes" ?, é un libro de Alice Vieira, xa ten anos, sobre o sentido que ten esta data para sete persoas de idades e condicións diferentes.
Coido que non está traducido ao galego, e poida que non sexa necesario -non deixa de ser un libro portugués sobre Portugal:a súa historia e o seu presente-, pero a min paréceme pertinente.
  1. Nós tamén padecimos unha longa dictadura, sería bo reflexionar e ver que ficou daquelo, que pensa (que sabe) a xente nova, e nós, os que eramos novos daquelas, e os nosos pais...
  2. É a historia recente do noso país veciño e irmán... non digo máis. Xa é vergoña, coñecermos todos as incidencias da Guerra de Secesión Norteamericada e non saber nada da Revolución do Cravos portuguesa.

4/11/10

ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN LECTORA

Este luns, día 8 de novembro, empezaremos o curso "ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN LECTORA". A través desta bitácora procurarei ir informando e colgando os materiais que me fagan chegar as relatoras e relatores do curso.
O profesorado que asistiu ao curso do ano pasado sobre PROXECTOS LECTORES ten xa este enlace e poderá tirarlle proveito, tamén, a esta nova actividade aínda que non poda participar como asistentes.
Para os novos visitantes deixarei aquí elazado un documento de Artur Noguerol (que se pode atopar na rede) que se titula: ESTRATEGIAS DE LECTURA PARA APRENDER e que ten moito que ver co tema que imos tratar.

14/12/09

Enquisas do curso e enlace sobre TICs en educación.

O curso rematou; xa lá vai. Espero que vos fora de utilidade. As enquisas reflicten unha boa acollida, pero a participación foi escasa: 12 de 26.
Non sei se seguiredes entrando por aquí. Eu entro hoxe para vos deixar un enlace que me pasaron e que pode ter interese.

3/12/09

Material de Artur Noguerol.


Levo un par de días intentando subir a presentación de Artur Noguerol, pero non fun capaz. Déixovos este artigo, que trata, en parte, o tema que presentou no curso e que, para min é moi, moi interesante e que todos deberíamos ler reflexivamente.
Lembrade as enquisas.
Non sei se terei máis que contarvos ou se vós pensades pasar algunha vez por esta bitácora. Polo de agora non penso tocar nada. Estará así por se queredes consultar ou baixarvos algo.
Deica sempre, xa sabedes a lectura abre moitas fiestras, abrámos as fiestras do mundo ante o noso alumnado.