Abril: mes do libro e da lectura; un mes con moitas celebracións.
Este ano non comento novidades, estou aproveitando a ocasión para falar de libros que non quero esquecer, que non deben ser esquecidos.
Hoxe estou a lembrar a historia dun príncipe republicano que quere ser bibliotecario e dos utilísimos agasallos das súa fada madriña:
1º O poder de ver por debaixo das aparencias das cousas
2º O poder de
pensar dúas veces as cousas antes de facelas.
3º O poder do trasacordo, que lle pemitiría reconsiderar as súas decisións sempre e en calquera
circunstancia.
Quen nos dera semellante agasallo!!!
Mirade na vosa biblioteca a ver se atopades As viaxes do principe azul, un libro de Darío Xohán Cabana publicado no 1993, en primeira edición, pola editorial Galaxia. que leva xa unha ducia de reedicións.
Agora están saíndo magníficas iniciativas para que as nenas teñan modelos femininos cos que identificarse, máis aló de princesas Disney, como a colección Antiprincesas. Pero tamén os nenos, os rapaces precisan alternativas aos estereotipo; cómpre,logo, botar a vista atrás e lembrar este libro orixinal e divertido, pero con carga de profundidade.Un libro ben escrito (non podería ser doutro xeito) no que o protagonista quere e pode sair do tópico e buscar o seu camiño, a súa forma de ser e de vivir. Non da puntada sen fío este noso Darío.
Coido que é un bo momento para presentarllo ao noso alumnado.
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
22/4/16
9/4/16
ÁCIDO SULFÚRICO, AMELIE NOTHOMB
No mes do libro, cada semana unha proposta.
| Auschwitz Birkena, de western4uk , |
No
seu momento, trátase dun texto publicado no 2005, pareceume unha
temática desagradable e os personaxes planos.
Pero hoxe, ao ver como se convirte en espectáculo mediático o sufrimento de persoas
que fuxen das nosas guerras e os nosos bombardeos, conducidas
pola policía a campos de concentración, coido
que é hora de retomar a lectura de Ácido sulfúrico, unha novela de
Amelie Nothomb, publicada en castelán por Anagrama en 2007.
Interésame especialmenteo papel dos medios de comunicación e a pasividade da sociedade, o cidadán común que se indigna co goberno e a policía e toma partido por un ou outro dos prisioneiros; pero non fai nada.
Por que renunciamos á nosa libertade e aos nosos dereitos e deixamos todas as decisións, todo o poder nas mans dun goberno que non respondo ante os cidadaáns e que depende das grandes empresas?
Non nos vemos, máis ou menos, reflectidos, como sociedade, no libro de Amelie Nothomb?
Que comentaría o noso alumnado de secundaria despois da lectura deste libro?
Por que renunciamos á nosa libertade e aos nosos dereitos e deixamos todas as decisións, todo o poder nas mans dun goberno que non respondo ante os cidadaáns e que depende das grandes empresas?
Non nos vemos, máis ou menos, reflectidos, como sociedade, no libro de Amelie Nothomb?
Que comentaría o noso alumnado de secundaria despois da lectura deste libro?
26/12/15
BookTubers: multialfabetizacións e literatura.
Booktube é unha
comunidade de lectores, polo xeral moi novos e , que, a través dos
vídeos de youtube, comparten a súa afección pola lectura,
presentan e comentan libros.
Rematando o 2015, o fenómeno BookTube xa está aquí; os rapaces e
rapazas lectores teñen unha vida social moi activa e influencia na
rede. Manexan diversas linguaxes, multialfabetismos, e utilizan as
posibilidades que lles facilita a rede para crear contidos e
compartilos
O sistema educativo
aínda non o considera, pero hai editoriais que se implican, algunhas
canles xa teñen empresas patrocinadoras, anunciantes... Editoras e
autores apoian e aproveitan estas novas vías de difusión.
É interesante este
artigo de Luciana Monteblanco, que me pasou Nacho Rodiño: Comunidades en red en la Sociedad de la Información: informan, comunican, conectan. El fenómeno Booktube.
Cal é o papel do profesorado como formador de lectores, introductores no mundo da literatura? Temos aínda algo que aportar na formación do lector literario?
Etiquetas:
alfabetización,
Bibliotecas Escolares,
Educación,
formación,
lectores,
lectura,
libros,
multialfabetizacións,
Redes sociais
21/6/13
A PUBLICIDADE
![]() |
"http://www.flickr.com/photos/albertini/4160416026/" |
Xa o cantaba Alberto Pérez con La Mándrágora, na fermosa canción Nos ocupamos del mar:
"Raro es que la verdad, mediante publicidad
alguna vez se abra paso, por si acaso
ahora es la oportunidad cuando el público hace caso".
alguna vez se abra paso, por si acaso
ahora es la oportunidad cuando el público hace caso".
Exemplo de magnífica publicidade é este vídeo da editorial Random House Mondadori:
Etiquetas:
Alberto Pérez,
La Mandrágora,
lectura,
Ler,
libros,
Publicidade,
Random House Mondadori
21/4/13
Día do libro
![]() |
photo credit: the
bbp via
|
Este texto, esta pequena historia de libros, é parte de "Histoires pressées", un libro do escritor francés, Bernard Friot, formado por 36 historias moi curtas, absurdas paradoxas cheas de humor e fantasía.
AGORA UNHA HISTORIA TRÁXICA
Sobre un andel da biblioteca, un libro gordo de cuberta vermella diríxese moi educadamente ó seu veciño, un pequeneiro e miudo algo esbrancuxado, para lle dicir:- dar Escuse información me podería señor unha vostede?
- Desculpe, non podo entender o que me di- respondeu tamén con moita educación o veciño fracucho.
- Ai, ho, se é certo -dixo o libro gordo e vermello cunha miga de menosprezo-. Esquecera que vostede non é máis ca unha pequena novela e que non sabe falar coma nós, os dicionarios, por orde alfabética!
- Conque un dicionario -bradou a novela alporizada-. E podolle preguntar, meu señor dicionario, que fai vostede nunha historia? As historias están reservadas para nós, as novelas.
Certamente vexado, o gordo dicionario vermello, debruzouse con todo o seu peso sobre a pequena novela fraca e esvaída
- ¡Cala cretino de especie! -di - as dicionarios historias inventar máis os poden sanguentas, che unha vai Velaí!
Etiquetas:
Bernard Friot,
Día mundial do libro,
lectura,
libros,
mes do libro
17/9/12
Vídeos de libros
Teño en marcadores ou favoritos a páxina da AGE - Asociación Galega de Editores. De ca:ndo en vez fago unha visita e sempre atopo algo aproveitable. Estes días son vídeos de libros como este:
Joy of Books from DTan on Vimeo.
Etiquetas:
AGE,
Asocoación Galega de Editores,
lectura,
libros,
vídeos
14/9/12
Os fantásticos libros voadores
Descubrín a través da páxina da Asociación Galega de Editores unha historia fantástica para grandes e pequenos.
The Fantastic Flying Books de Morris Lesmore, levou o Oscar á mellor curta de animación no 2011. Unha historia de libros sen palabras, pero con moito sentimento e moitas ideas.
Tirádelle proveito:
Etiquetas:
curtametraxe,
curtas,
lectura,
libros,
Morris Lesmore,
premios Oscar,
The Fantastic Flying Books
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


