Mostrando entradas con la etiqueta bitácoras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bitácoras. Mostrar todas las entradas

4/11/09

BIBLIOTECA ESCOLAR: ESPAZO PARA LECTURAS

Pilar Sampedro,exerceu como docente en diferentes centros de Galicia e en Colombia, desde sempre relacionada coas Bibliotecas Escolares. Na actualidade traballa como Asesora de Bibliotecas Escolares do Servicio de Formación do Profesorado. Estará connosco o luns día 9 de novembro desenvolvendo o relatorio: Biblioteca Escolar, espazo para lecturas
Na páxina e Bitácora da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación - Xunta de Galicia podemos atopar información, enlaces e recursos que facilitan o noso traballo e unha canle de comunicación entre todos os que traballamos nas Bibliotecas Escolares.
Na páxina de Bibliotecas tamén podes atopar a presentación sobre o PROXECTO LECTOR DE CENTRO que enlazo eu aquí.

13/10/09

CEIP CONDESA DE FENOSA


Un dos relatores do curso será Xoaquín C. Feijeiro, responsable da Biblioteca Escolar do Ceip Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras, Ourense. É moi instructivo e moi motivador dar unha volta pola páxina e polo Blog da Biblioteca
Forma parte do PLAMBE desde o ano 2007.
Ben me gustaría poñer máis fotos, pero non é de recibo andar a roubarlles imaxes.