Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Lector. Mostrar todas las entradas

27/4/11

Proxecto Interdiciplinar, Educación Documental, Proxectos de Investigación.,

Este mes, seica, teremos reunión de Bibliotecas co tema Proxecto Interdisciplinar, Educación Documental.
Presentación da Consellería de Educación.
Para ir facendo boca e ideas déixo aquí este vídeo e estes enlaces:

En Cataluña existe algo semellante, pero en Segundo de Bacherelato. É o que chaman: Treball de recerca
DEPARTAMENT D'EDUCACIÓ
DECRET 142/2008, de 15 de juliol, pel qual s'estableix l'ordenació dels ensenyaments del batxillerat.
Treball de recerca
Tot l'alumnat ha de fer un treball de recerca. Aquest treball, que ha de contribuir decisivament a assolir la competència en recerca, es computa entre les matèries de segon curs.
Hai tamén traballos sobre Educación Documental na rede, moito traballo teórico, publicacións moi interesantes,... pero non debemos esquecer que nós levamos moito feito moi interesante e moi práctico.

16/3/10

A Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro

Poida que algúns de vós (fomos moitos) estivera este sábado en Santiago na xornada sobre "A Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro" na que catro conferenciantes presentaron os seus puntos de vista sobre o tema.

Jesús María Goñi Zabala, membro do departamento de Didáctica e Organización Escolar Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación San Sebastián: As competencias como eixe do currículo. A competencia matemática e a competencia lingüística, un exemplo de interrelación.

Pilar Pérez Esteve,coordinadora da elaboración dos currículos LOE do MEC de Educación Infantil e Primaria e de todas as linguas : A competencia lingüística como ferramenta de cohesión do centro educativo. Claves e recursos

Enric Custodio Fitó, profesor de Instituto de Bioloxía e Xeoloxía: Aprender unha materia aprendendo a comunicarse

Neus Sanmartí Puig: Ler e escribir para aprender áreas non lingüísticas. Falou de como un proxecto lingüístico de centro asumido como tarefa compartida da comunidade educativa, pode ser elemento mediador nos procesos de ensino e aprendizaxe: instrumento para resolver problemas,xestionar conflitos e tomar decisións e planificar o traballo de aula. Considera que ten que ser un proxecto a medio-longo prazo e que, para consolidarse, precisa un mínimo de tres cursos.

Foron 8 horas, que para un sábado chega, moi intensas. Para min o máis interesante, aínda que Pilar Pérez Esteve tivo unha intervención estupenda, foi o punto de vista de profesores de ciencias. Creo que transmitiron a necesidade de que todo o profesorado, tamén o de ciencias, se impliquen no que en Galicia se chama : PROXECTO LECTOR DE CENTRO

14/12/09

Enquisas do curso e enlace sobre TICs en educación.

O curso rematou; xa lá vai. Espero que vos fora de utilidade. As enquisas reflicten unha boa acollida, pero a participación foi escasa: 12 de 26.
Non sei se seguiredes entrando por aquí. Eu entro hoxe para vos deixar un enlace que me pasaron e que pode ter interese.

3/12/09

Material de Artur Noguerol.


Levo un par de días intentando subir a presentación de Artur Noguerol, pero non fun capaz. Déixovos este artigo, que trata, en parte, o tema que presentou no curso e que, para min é moi, moi interesante e que todos deberíamos ler reflexivamente.
Lembrade as enquisas.
Non sei se terei máis que contarvos ou se vós pensades pasar algunha vez por esta bitácora. Polo de agora non penso tocar nada. Estará así por se queredes consultar ou baixarvos algo.
Deica sempre, xa sabedes a lectura abre moitas fiestras, abrámos as fiestras do mundo ante o noso alumnado.

27/11/09

PARA IR COÑECENDO A ARTUR NOGUEROL

Nesta entrada poderedes escoitar a voz e os argumentos de Artur Noguerol na exposición "Enseñar a leer para hablar (y pensar) en ciencias"



Tamén podedes mirar a súa presentación no IV Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, maio 2009, da Secretaría Xeral de Política Lingüística de la Xunta de Galicia.
Monolingües, bilingües, trilingües... esta é a cuestión? é o relatorio presentado por Artur Noguerol Rodrigo. Ensinar e aprender lingua e comunicación nunha sociedade multilingüe e multicultural esixe do docente un cambio de perspectiva, de rol e de metodoloxía. Neste novo contexto o Proxecto Lingüístico (e comunicativo) de Centro adquire unha relevancia nuclear e a aprendizaxe integrada das linguas preséntase como única alternativa viable

ARTUR NOGUEROL

Doutor en Filoloxía Románica Hispànica. Profesor de lingua castelá e catalá no Bacharelato, EXB e BUP. Profesor de didáctica da lingua e a literatura na formación inicial e permanente do profesorado de Primaria e Secundaria.Ademais da formación permanente do profesorado, participou na elaboración de todos os currículos oficiais da Generalitat de Catalunya das áreas lingüísticas desde os programas renovados dos anos 80 aos actuais da LOE. Tamén impartiu diversos cursos sobre as estratexias lectoras no doutoramento.

El mesmo presenta a súa sesión así:
La lectura como actividad social en la Sociedad del Conocimiento
La reducción tradicional del acto de leer a la relación “texto lector” se tiene que rechazar y situar la lectura en los contextos sociales que estructuran el “texto” (escrito, audiovisual…): la industria comunicativa que lo ha producido, los intereses sociales en que se enmarca, la voluntad del escritor... En definitiva, leer es un hecho social que evidencia las relaciones sociales en las que se ha originado. Interpretar un texto tiene que surgir de los planteamientos críticos que se plantean las estructuras de poder que lo han producido y aquellas en que está inmerso el lector. La didáctica de la lengua (gallega, castellana, portuguesa…) tiene que plantearse cómo hacer presente esta realidad en las escuelas, el enfoque competencial nos da una bases adecuadas a este fin.


Bibliografía básica:
  • NOGUEROL, A coordinador) Martínez, J; Permanyer, D; Ribelles, L; Serra, T (2005): " Ensenyar i aprendre llengua i comunicació en una societat multilingüe i multicultural" en Pacte Nacional per a l'Educació. Debat Curricular. Reflexions i propostes.Barcelona: Deparament d’Ensenyament Generalitat de Catalunya.
  • NOGUEROL, A (2004): " Qui ensenya la llengua per aprendre?" en Àmbits de Psicopedagogia, nº 12, 10-16.
  • NOGUEROL, A (2003): "Leer para pensar, pensar para leer: la lectura como instrumento para el aprendizaje en el siglo XXI" en Lenguaje, nº 31, 36-58.
  • NOGUEROL, A (2003): " Estrategias de lectura para aprender. Aprender a leer y escribir en la diversidad (en un mundo en crisis)" en VI Simposio internacional: Lectura y Escritura: Investigación y Didáctica, de la Universidad de Los Andes, Mérida, Venezuela
  • NOGUEROL, A (2001): "Com integrar i interpretar la informació" en Perspectiva escolar, nº260, 2-9.
  • NOGUEROL, A. (1996): “Usos iconoverbales y enseñanza de la lengua” en Textos, 7: 9-18.
  • NOGUEROL, A. (1994): Técnicas de aprendizaje y estudio. Aprender en el aula. Barcelona: Graó

26/11/09

Juan Casal, IES Marquel de Suances, Ferrol


Juan Casal, responsable da Biblioteca Escolar do que aínda é IES Marqués de Suances (a Memoria Histórica anda anquilosada por falta de uso. Se queredes podedes informarvos no enlace anterior e tamén navegar por esta páxina de cultura galega que está moi ben) ofreceunos onte unha sesión cargada de formación e información, pero tamén de sensación compartidas.

24/11/09

Mércores 25- aula 209

O mércores mudamos de aula; pasamos á 209, que é unha aula de informática, para poder facer unha sesión práctica con utilización dos ordenadores. Por favos intantade ser puntuais para lle tirar proveito á sesión.

Materiais de XOAQUÍN FREIXEIRO



Xoaquín Freixeiro deixou onte a súa presentación cos materiais e enlaces para que poidamos revisala e sacarlle proveito.

23/11/09

XOAQUÍN FREIXEIRO

Bon día. Empezamos, logo, a semana. Xa sabedes que hoxe virá Xoaquín Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa. Seguimos na aula 221, que leva por nome Marta Dacosta. Xa sabedes que os materiais que deixe Xoaquín, sempre que eu poida e saiba, quedarán enlazados nesta bitácora que, por certo, ten pouca vida, non falades, comentades ou aportades opinións nin informacións. Estou máis que certa de que varias persoas das que asisten ao curso terían moito que aportar e moita información que compartir.

19/11/09

Montserrat Uzal


Este mércores 18, tivemos connosco a Montserrat Uzal que nos comentou o proceso de elaboración e posta en marcha do Proxecto Lector de Centro do CEIP Figueroa e deixounos materiais do seu centro sobre a HORA DE LER, FORMACIÓN DE USUARIOS, EDUCACIÓN DOCUMENTAL e ACTIVIDADES DE PARTICIPACIÓN.

17/11/09

Montserrat Uzal, CEIP Figueroa, A Estrada


O mércores día 18 de novembro teremos connosco, no curso, a Montserrat Uzal, responsable da Biblioteca Escolar do CEIP Figueroa.
Montse é diplomada na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela (Filolóxicas) en 1990. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago en 1997. Curso de Especialización en Lingua Galega. Curso de Lingua Inglesa para o profesorado de Inglés en Limerick no ano 2003.
Mandounos o guión da súa sesión para ir abrindo boca

4/11/09

JULIÁN PASCUAL DIÉZ

Este xoves, 5 de novenbro, teremos a primeira sesión do Curso sobre a elaboración do Proxecto Lector de Centro impartida por D. Julián Pascual, profesor da EU de Maxisterio, Facultade de Ciencias da Educación e de Psicoloxía da Universidade de Oviedo en materias relacionadas coa didáctica da lingua e a literatura e especialmente, coa didáctica da lectura e escritura.
Sería interesante consultar algo do moito que leva publicado Julián Pascual sobre lectura.
Podedes consultar a presentación: PROYECTO DE LECTURA Y BIBLIOTECAS: UNA OPORTUNIDAD PARA LA MEJORA DE LA EDUCACIÓN LECTORA Y MUCHO MÁS.

BIBLIOTECA ESCOLAR: ESPAZO PARA LECTURAS

Pilar Sampedro,exerceu como docente en diferentes centros de Galicia e en Colombia, desde sempre relacionada coas Bibliotecas Escolares. Na actualidade traballa como Asesora de Bibliotecas Escolares do Servicio de Formación do Profesorado. Estará connosco o luns día 9 de novembro desenvolvendo o relatorio: Biblioteca Escolar, espazo para lecturas
Na páxina e Bitácora da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación - Xunta de Galicia podemos atopar información, enlaces e recursos que facilitan o noso traballo e unha canle de comunicación entre todos os que traballamos nas Bibliotecas Escolares.
Na páxina de Bibliotecas tamén podes atopar a presentación sobre o PROXECTO LECTOR DE CENTRO que enlazo eu aquí.

14/10/09

IES MARQUES DE SUANCES

O IES Marqués de Suanzes de Ferrol é parte doPLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) desde a primeira convocatoria no 2005.
Foi un centros educativos galardoados no Concurso Nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares no ano 2007.
Juan Manuel Casal Mera, responsable da Biblioteca, contará a experiencia do seu centro á hora de elaborar o PROXECTO LECTOR DE CENTRO.