1/10/17

INFORME SOBRE BIBLIOTECAS ESCOLARES




O 15 de xuño de 2017 a Subdirección General de Estadística y Estudios do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicou o informe estatístico sobre a situación das bibliotecas escolares a nivel estatal no curso 2015-2016.
Os resultados pódense consultar por comunidade autónoma ou por provincia.
Analízanse 45 aspectos referidos a:

  • Bibliotecas do centro.
  • Instalacións e equipamentos.
  • Colección.
  • Uso das tecnoloxías da información e a comunicación:
  • Uso e usuarios. Actividades.
  • Xestión
  • Gastos e orzamentos.
  • Persoal.
As bibliotecas escolares de Galicia ostentan unha posición relevante en todos os items que se analizan, pero destaca naqueles aspectos que se veñen priorizando dende os programas da Asesoría de bibliotecas escolares e a rede de formación do profesorado: 
https://es.pinterest.com/pin/427842033341672921/
https://es.pinterest.com/pin/427842033341672921/
A alfabetización múltiple, que actualiza o concepto de lectura e que a UE define como “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica” é hoxe unha capacitación (por non dicir competencia) imprescindible para a cidadanía.

https://es.pinterest.com/pin/427842033341644193/
A Alfabetización Informaciónal é xa unha realidade asentada que se traballa sistemáticamente nas nosas bibliotecas, como se reflicte nos resultados do informe. Ademais da asignatura de libre configuración, Investigación e Tratamento da Información (INEIN), para ESO e Primaria, a maioría das bibliotecas programan actividades ALFIN. 
Existen experiencias ben interesantes, rigurosas e ben estructuradas, de alfabetización audiovisual.

  O Plan LÍA contempla o seu desenvolvemento como unha das prioridades das bibliotecas escolares galegas.
A compensación de desigualdades é un punto significativo na programación anuais; acadar unha biblioteca totalmente inclusiva é un dos retos do Plan LÍA 2016-2020

2 comentarios:

  1. Unha cousa que siempre me chamou a atención é que habiendo un grao en biblioteconomía , más Biblio escolares de Primaria e Secundaria este cometido o teñan os Mestres e profes con formación Moi dispar. Non seríaellor un equipo onde a persona coordinadora fose titulado? E como si ponen a un grao e biblioteconomía a dar clase de física e química

    ResponderEliminar
  2. La BE sobretodo es escuela, siendo imprescindible que el perfil de la persona responsable sea de un maestro con conocimientos en biblioteconomía. Máxime cuándo ya sabemos la relevancia que tiene la alfabetización en Medios e información y sobre todo el ser integrante real del claustro no alguien ajeno al mismo

    ResponderEliminar