Abril: mes do libro e da lectura; un mes con moitas celebracións.
Este ano non comento novidades, estou aproveitando a ocasión para falar de libros que non quero esquecer, que non deben ser esquecidos.
Hoxe estou a lembrar a historia dun príncipe republicano que quere ser bibliotecario e dos utilísimos agasallos das súa fada madriña:
1º O poder de ver por debaixo das aparencias das cousas
2º O poder de
pensar dúas veces as cousas antes de facelas.
3º O poder do trasacordo, que lle pemitiría reconsiderar as súas decisións sempre e en calquera
circunstancia.
Quen nos dera semellante agasallo!!!
Mirade na vosa biblioteca a ver se atopades As viaxes do principe azul, un libro de Darío Xohán Cabana publicado no 1993, en primeira edición, pola editorial Galaxia. que leva xa unha ducia de reedicións.
Agora están saíndo magníficas iniciativas para que as nenas teñan modelos femininos cos que identificarse, máis aló de princesas Disney, como a colección Antiprincesas. Pero tamén os nenos, os rapaces precisan alternativas aos estereotipo; cómpre,logo, botar a vista atrás e lembrar este libro orixinal e divertido, pero con carga de profundidade.Un libro ben escrito (non podería ser doutro xeito) no que o protagonista quere e pode sair do tópico e buscar o seu camiño, a súa forma de ser e de vivir. Non da puntada sen fío este noso Darío.
Coido que é un bo momento para presentarllo ao noso alumnado.
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
Mostrando entradas con la etiqueta 23 de abril. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 23 de abril. Mostrar todas las entradas
22/4/16
22/4/14
23 e 25 de abril: un libro e un caravel.
O Día Internacional do Libro, a Revolución dos Cravos. Mafalda, o Zeca. Tanto por ler, tanto por escoitar, tanto por aprender e facer...


Suscribirse a:
Entradas (Atom)
