14/12/14

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA DO CAFI

Na biblioteca do CAFI reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido CFR de Santiago. Dende hai tres anos o departamento (unipersoal) de bibliotecas escolares vense ocupando da selección dos fondos existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación, da organización dos materiais e da actualización da colección. Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.

A nosa intención é formar unha biblioteca útil para o profesorado. Como o espazo físico do que dispoñemos é moi limitado, e o mesmo se pode dicir do orzamento, cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest e no scoop.it do departamento.

16/11/14

BIBLIOTECA ESCOLAR E PROXECTOS DOCUMENTAIS

Este luns, 17 de novembro, comeza na EGAP (Santiago de Compostela) un curso sobre proxetos documentais en biblioteca escolar que trata de dar resposta ás demandas, xa de vello, do profesorado e que se incrementaron co concurso de TRABALLOSPOR PROXECTOS, convocado no pasado marzo poa dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dentro do PLAN LIA 2010/15, no que resultaron premiados proxectos de variada temática; este ano centrose unha das modalidade na ciencia. .
Na resolución do concurso, de 30 de outubro, foron galardoados 16 centros:  
  •  Na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, coordinados pola biblioteca escolar:
 
    • No apartado de ciencias
  • Na modalidade de Proxectos de Investigación de Grupo ou Nivel 
    • No apartado de temática xeral:
    • No apartado de ciencias
  • Na modalidade de Proxectos de Investigación de Ciclo/Departamento
    • No apartado de temática xeral:
    • No apartado de ciencias

  • Na modalidade de Proxectos Interdisciplinares de 1º de ESO:
    • No apartado de temática xeral:
    • No apartado de ciencias

15/11/14

NON DOU FEITO

Non dou feito.
Este é o pin que me regalaron as profesoras do IES Lois Peña Novo de Vilalba , durante as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.

Supón moito traballo poñer en marcha esta actividade, é certo que tanto na Asesoría de bibliotecas escolares coma no departamento de bibliotecas escolares do CAFI non damos feito. Pero compensan os resultados ao comprobar a resposta do profesorado, veríficada nas enquisas de avaliación,  e ver os resultados do labor do profesorado nas bibliotecas escolares galegas.














Os materiais e vídeos desta actividade estarán dispoñibles para todo o profesorado no espazo Moodle da Asesoría de bibliotecas escolares: redeBE. 



1/10/14

Catro centros galegos nos premios á Alfabetización Audiovisual

O proxecto Cineando ilusións do CEIP A Rúa de Cangas recibiu o primeiro premio, na categoría de Primaria, nos premios á Alfabetización Audiovisual convocados polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través do Instituto da Cinematografía e las Artes Audiovisuais (ICAA).

 Na categoría de Secundaria o proxecto premiado foi  a curta Persoas do IES de Cacheiras de Teo con banda sonora do Conservatorio de Santiago e a colaboración da Compañía Chévere.



Concedeuse un premio adicional ao Proxecto Socheo do IES A Sangriña, A Guarda;


Tamén unha mención especial para o traballo  Fraguando a diversidade, presentado polo IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela.

10/9/14

Dispositivos do país.

Teléfonos, tabletas, lectores...
Hoxe a prensa internacional recolle a presentación do novo aparello de Aplle.Normal..
Non vou falar mal de ningún destes dispositivos, vivo no século, pero... non caeremos nun certo papanatismo á hora de escoller?

O meu lector é un bq-Cervantes. Barato, cómodo, con posibilidade de interfaz en galego. bq, unha empresa 100% española (informan na súa web) produce tamén smartphones, tabletas, impresoras3D e robótica educativa. Van estupendamente as tabletas de Primux tech,unha compañía galega, dedicada á fabricación de dispositivos  con  técnoloxía Android.



 


1/9/14

Biblioteca escolar. Os proxectos documentais no CAFI

Neste primeiro trimestre do curso celebraremos no CAFI, en Santiago de Compostela, o curso S1401067  Biblioteca escolar. Os proxectos documentais no que traballaremos sobre a aprendizaxe baseada en proxectos e o papel da biblioteca escolar no desenvolvemento das competencias.
Esta infografía do CFR de Pontevedra aporta un punto de partida para orientarnos na temática que se abordará neste curso.

19/4/14

LUZES, nova revista galega.

Levo tempo pensando en redactar unha entrada sobre a revista LUZES, pero, sempre que me poño a pensar en como facelo ou que dicir, teño a sensación de estar a facer un anuncio publicitario.
‘Luzes’ brilla en su estreno, titulaba El PAÍS o 13 de decembro de 2013 e  Praza Pública celebraba o  


Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban.

O que si vos podo asegurar, a quen non a vira é que é unha publicación preciosa, realmente fermosa.
E tamén que resulta doada de ler: é amena, variada e interesante. Por agora manteñen unha alta calidade nos artigos asinados por boas e bos profesionais e alternando unha gran variedade de temas.

Por se non fora abondo é unha revista galega, en galego e  de calidade; hai tan pouco do que botar man que non nos podemos permitir o luxo de deixar caer esta magnífica publicación.
Parabéns e boa sorte LUZES.




26/2/14

ELOS: REVISTA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Nun contexto de Literatura Infantil e Xuvenil de tan alta calidade como o que temos en Galicia bótanse de menos análises académicas, reflexións teóricas de peso.


 
No ano 2006 a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edita a GUÍA : EU LEO PORQUE ME PETA, dentro da campaña de lectura que tiña por lema HORA DE LER, con textos do colectivo Acatrotintas formado por Mayte Leis, Cristina Novoa, Magdalena de Rojas e Juana Vázquez. Nesta guía as autoras fan unha reflexión seria e ben fundamentada sobre o libro, a lectura e os contos; aportan tamén bibliografía, webgrafía e propostas de traballo.
 
En decembro de 2008 Isabel Mociño González publica no blogue Crítica literaria da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega o artigo: “Novos modos de análise. Investigación” sobre a presencia da LIX no ámbito da investigación académica, no que fai unha reflexión moi interesante sobre o tema:
"En canto á bibliografía significativa é aínda insuficiente, pois obsérvase que as obras canonizadoras por excelencia (historias literarias, dicionarios, antoloxías, etc.) son moi contadas".
Hoxe podemos atopar na rede espazos de moita calidade sobre literatura infantil e xuvenil, na maioría recóllense informacións sobre novas publicacións, reseñas e comentarios.

Necesitamos algo como El jardín secreto, un artigo de Ana Garralón para un monográfico sobre libros para a infancia na revista Letras Libres.
Los niños rápidamente aprenden a distinguir el lenguaje coloquial del lenguaje literario. El libro es una realidad física, un delicado objeto lleno de promesas en cuyas páginas hay un jardín secreto".
Ana Garralón recupera a Bruno Bettelheim e o Psicoanálisis de los cuentos de hadas, para definir como a psique dos cativos se verá influída polos marabillosos mundos dos contos. E como, por medio dos contos populares, os pequenos aprenden a afrontar a súa evolución física, psíquica e intelectual e a incorporarse á sociedade.
 
Neste momento anúnciase o nacemento de ELOS, Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, unha publicación científica de periodicidade anual editada polo Grupo de Investigación LITER21 da Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega-Universidade de Santiago de Compostela. Espero con interese que a nova revista veña encher este baleiro.

A revista ofrécese en galego, castelán, portugués e inglés. Como o Catálogo de literatura infantil e xuvenil, editado pola Xunta de Galicia tamén en inglés. Por que non en catalán ou eusquera? É máis oficial ou máis próximo o inglés? Xa non digo o portugués que, aínda que extranxeiro, está xa no xerme da iniciativa na Asociación galego portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil. 

1/2/14

A descrición

Unha presentación atractiva con pautas para axudar a facer textos descritivos.
Atopado en faccebook a través de Anxos Rial Vidal   e de  O Segrel Do Penedo


12/1/14

Sistema educativo en Finlandia

Descubrín este documental a través do blogue ORIENTACIÓN CEE de Panxón,  no que buscaba información sobre a LOMCE. Tres cuestións chamaron especialmente a miña atención: equidade, confianza (responsabilidade) e  formación do profesorado. O documental detense na análise  deste último asunto.
Chama a atención o ambiente relaxado das aulas e o interés por aprender  do alumnado.