Rematou o curso, si. E nesta última sesión Román abriunos as portas (e deixounas abertas a través dun seu blogue: AULA LGL e co enlace ao blogue de Xano: ALGUNHAS APLICACIÓNS MULTIMEDIA) á posibilidade de mudar a metodoloxía, desenvolver as competencias e dar protagonismo ao alumnado facilitando a súa autonomía coa utilización das TIC. As tres ferramentas que nos presentou:
GLOGSTER: para facer cartaces dixitais
goAnimate: para facer animacións
IKIMAP: para traballar sobre mapas, facer roteiros, etc
Son só unha mostra do que se pode facer, sen esquecer, nunca, que as TIC son unha ferramenta para mellorar o noso traballo como docentes.
Eu, pola miña parte, seguirei traballando nesta bitácora e nela irei metendo o que considero de interese para todos nós, para o noso traballo e non só...
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
22/3/11
Rematou o curso
21/2/11
Encontro de docentes e equipos pola normalización
Este é o correo que eu recibín e, tal cual, volo paso:
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.
Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.
Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.
A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.
10/2/11
Carta Xeométrica: Datos da docencia en galego na USC
Éche o que hai. Poderíamos reflexionar sobre o tema.
29/12/10
Arredor da lectura
Caderno de Lingua
Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura
Así, de paso, podedes revisar outras presentacións útiles (e non só para a ESO), enlaces, recursos, materiais e ferramentas para participar nunha rede colaborativa e facer as nosas aulas máis amenas, dinámicas e eficaces.Tendes un enlace desde aquí ou no menú da dereita en BITÁCORAS PARA VISITAR
16/3/10
A Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro
Poida que algúns de vós (fomos moitos) estivera este sábado en Santiago na xornada sobre "A Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro" na que catro conferenciantes presentaron os seus puntos de vista sobre o tema.
Jesús María Goñi Zabala, membro do departamento de Didáctica e Organización Escolar Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación San Sebastián: As competencias como eixe do currículo. A competencia matemática e a competencia lingüística, un exemplo de interrelación.
Pilar Pérez Esteve,coordinadora da elaboración dos currículos LOE do MEC de Educación Infantil e Primaria e de todas as linguas : A competencia lingüística como ferramenta de cohesión do centro educativo. Claves e recursos
Enric Custodio Fitó, profesor de Instituto de Bioloxía e Xeoloxía: Aprender unha materia aprendendo a comunicarse
Neus Sanmartí Puig: Ler e escribir para aprender áreas non lingüísticas. Falou de como un proxecto lingüístico de centro asumido como tarefa compartida da comunidade educativa, pode ser elemento mediador nos procesos de ensino e aprendizaxe: instrumento para resolver problemas,xestionar conflitos e tomar decisións e planificar o traballo de aula. Considera que ten que ser un proxecto a medio-longo prazo e que, para consolidarse, precisa un mínimo de tres cursos.
Foron 8 horas, que para un sábado chega, moi intensas. Para min o máis interesante, aínda que Pilar Pérez Esteve tivo unha intervención estupenda, foi o punto de vista de profesores de ciencias. Creo que transmitiron a necesidade de que todo o profesorado, tamén o de ciencias, se impliquen no que en Galicia se chama : PROXECTO LECTOR DE CENTRO