A evolución de Calpurnia Tate
de
Jacqueline Kelly, publicada
pola editorial KALANDRAKA en Faktoría
K De Libros, en
tradución de Carlos Acevedo.
En
Texas, 1899, Calpurnia Tate ten 11 anos, un
avó roñón, un pai
propietario de grandes cultivos de algodón, unha nai con pretensións
e sete irmáns varóns.
Un
libro con
moita e boa publicidade e está moi ben que se publique en galego; é
ameno e moi doado de ler.
Por
outra parte, e na miña opinión, resulta manido, pueril,
pretencioso e didactista. Alá vai!
Non
aporta nada novo, os personaxes son estereotipos xa coñecidos.
Resulta
pueril porque está escrito en primeira persoa, pero a
voz que escoitamos é
a dunha
adulta que pretende ser unha nena; reivindicativa sen sair do
politicamente correcto.
Pretencioso
porque utiliza un texto A
orixe das especies
de Darwin
para encabezar cada capítulo, sen que este encabezamento aporte
sentido ao desenvolvemento
da
historia.
Didactista
porque toca todos os temas de actualidade como un manual de valores,
guía de correcta opinión e crítica constructiva.
E
aínda así, lino dun tirón, gustoume (daquela maneira) e felicito á
editorial por poñer á nosa disposición unha boa tradución nun
tempo prudencial.
Pregúntome,
iso sí, por que non existe ou non se actualiza a publicación
doutras alternativas para min moito máis interesantes:
Para
quen queira coñecer a vida común do sur dos EEUU de finais do s. XIX, hai un libro escrito
en primeira persoa, expresivo e natural, un libro sen pretensións
didácticas e máis profundo do que parece; falo de As
aventuras de Tom Sawyer
(1876) de Mark Twain e para coñecer o entorno social da época
nada mellor que As
aventuras de Huckleberry Finn
(1884) do mesmo autor. Hai
unha versión en galego de Tom Sawyer, en Xerais, en
tradución de Xosé
Ramón Díaz Fontao, do ano 1995, que foi reeditada (non sei se
actualizada) no 2004.
Se
o voso
interese
vai pola vía da natureza, nos vos perdades “Mi familia y otros
animales” de Gerald Darrell, el era un naturalista e conta a súa
experiencia de neno curioso, atraído pola natureza, en primeira persoa
con gracia e sen concensións.
Un
libro para aprender rindo. As súas continuacións “Bichos y demás
parientes” y “El jardín de los dioses” están ben, moi ben;
pero non teñen a frescura do primeiro. Do mesmo autor e para ler con
(acompañando) alumnado xa maior é unha obra imprescindible “El
pájaro Burlón”.
Non
coñezo traducción ao galego de ningún deles.
Sen
sair de Galicia non deberíamos esquecer os libros de Marilar Aleixandre na súa doble vertente de bióloga e escritora, que
enganchan aos rapaces cunha redación directa, moi en sintonía coa
fala dos adolescentes, sen edulcorantes: A formiga coxa, 1989, Edicións Xerais, A
expedición do Pacífico. Vigo, Xerais
1994, O rescate do peneireiro, Xerais 1990,Robinson contado polas alimarias, 2011, Oxford.
E que dicir de Agustín Fernández Paz? A el témolo presente, pero ao mellor non lembramos algunha das súas obras especialmente comprometidas coa defensa do medio como: .As flores radiactivas, 1990, Xerais ou As fadas verdes, 1999, Edicións S. M.