27/1/13

EXCELENCIA=EQUIDADE

 Enrique Roca, exdirector do Instituto de Avaliación e asesor da OEI (Organización de Estados Iberoamericanos organismo internacional intergubernamental especializado en educación, ciencia e cultura) publica un interesante artigo no número3.968 da revista ESCUELA (xaneiro 2013).
As e os docentes, competentes e comprometidos, presionados (mesmo cuestionados) polos resultados PISA e PIRLS deben ler este texto no que se informa que "Nos niveis socioeconómicos máis modestos (...) os alumnos españois obteñen mellores resultados que o promedio OCDE".  É nos estatus socioeconómicos máis favorables onde o sistema educativo español obtén peores resultados.
Conclúe Roca  que "As sucesivas edicións de PISA confirman que os sistemas educativos de máis elevado rendimento son tamén os máis equitativos. Os sistemas educativos son excelentes cando garanten os mellores resultados  á maioría do alumnado, e as diferencias son pequenas, ou o que é o mesmo, cando tamén son equitativos"

15/1/13

As bibliotecas escolares na Revista Galega de Educación

Lembraredes que o nº 48 da Revista Galega de Educación era un monográfico, interesantísimo,  sobre  bibliotecas escolares coordinado por Cristina Novoa e Pilar Sampedro,  as nosas asesoras de bibliotecas escolares na Consellería de Educación. Onte publicaron no blogue de bibliotecas escolares de Galicia a nova de que xa se poden descargar da rede os artigos desta publicación.
O blogue de GALIX  publicou, en maio de 2011, unha entrada analizando o número.

13/1/13

Videoxogos e educación.

Nas IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, celebradas en Santiago de Compostela en novembro de 2012, co lema LER PARA VER, destinamos unha sesión aos videoxogos a cargo das profesoras Marian Moreno Llaneza, do CPR de Avilés (Asturias) e Isidora Gil, do IES de Celanova, Ourense.
Outra proba do papel das bibliotecas escolares nos procesos de innovación e a calidade educactivas.
Xurxo Mariño, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fala neste vídeo sobre os efectos dos videoxogos nas capacidades cognitivas.
Remitímonos, coa revista ESCUELA, ao proxecto IMAGINE, financiado pola Comisión Europea e desenvolvido no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente nos anos  2009 e 2010 no que se conclúe que " cada vez existen máis probas da eficacia dos xogos: promoven a aprendizaxe activa, facilitan o ensino personalizado, proporcionan retroalimentación inmediata, desenvolven novos xeitos de comprensión, permiten un maior nivel de retención e aumentan a motivación".
No seu último número a revista presenta un artigo asinado por Daniel Vila:  “ La importancia de los videojuegos”  no que o autor da conta dunha conferencia celebrada en Madrid, dentro das actividades da iniciativa CaféCREA, promovida por  Santillana, a cargo de Begoña Gros Salvat, doctora en pedagoxía e profesora da Universidade de Barcelona. A doctora Gros, que é investigadora principal do grupo de investigación EMA (Seminaris de recerca sobre entorns i materials per a l’aprenentatge online), afirmou na súa conferencia que o videoxogo “ é unha linguaxe multimedia que alimenta a alfabetización múltiple e axuda a desenvolverse nun sistema complexo, sendo, como é, unha contorna de múltiples variables”.
 
A páxina Memoria Pixelada é a primeira web acerca de videoxogos en galego recolle novas, analiza videoxogos, ten enlaces e descargas. 



Outros enleces sobre videoxogos:
http://botons.eu/2011/11/29/o-videoxogo-e-a-nova-narrativa/

http://revista.mundo-r.com/contido/videoxogos-con-selo-galego 
http://educaciondixital.as-pg.com/aprende/unha-nova-percepcion-dos-videoxogos
http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=120

11/1/13

Secuencia didáctica

Atopei esta presentación no blogue PORTAFOLIO DE PROFES. Non é un concepto novo, aínda que, tan apegados como estamos ao libro de texto, pode ser que non teña moita presencia nas programacións de aula.


4/1/13

Por reis: un agasallo de Daniel Cassany

"SABEMOS LEER EN LA RED?"
Este artigo que Daniel Cassany pon a nosa disposición é un agasallo. Un texto claro e sinxelo sobre a lectura en rede que se pode descargar gratuitamente da rede na páxina Investigación y Ciencia, edición española de SCIENTIFIC AMERICAN.

A LOMCE explicada por Gomaespuma

A ver se deste xeito, con viñetas e humor imos facendo criterio: