O xoves 25 de novembro, teremos como relator a
Antón Cortizas Amado,
mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega, din del na páxina de Xerais.É mestre con experiencia, foi Asesor da área de lingua e na de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol e actualmente está destinado no IES de Canido. Participou en numerosos cursos e actividades de formación do profesorado. Sempre puidemos contar coa súa colaboración nos centros. Non quero esquecer o seu traballo como investigador e divulgador dos
xogos tradicionais galegos.
Pola súa competencia como docente e como escritor temos garantida unha sesión amena e proveitosa.