Mostrando entradas con la etiqueta CAFI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAFI. Mostrar todas las entradas

14/12/14

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA DO CAFI

Na biblioteca do CAFI reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido CFR de Santiago. Dende hai tres anos o departamento (unipersoal) de bibliotecas escolares vense ocupando da selección dos fondos existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación, da organización dos materiais e da actualización da colección. Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.

A nosa intención é formar unha biblioteca útil para o profesorado. Como o espazo físico do que dispoñemos é moi limitado, e o mesmo se pode dicir do orzamento, cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest e no scoop.it do departamento.

15/11/14

NON DOU FEITO

Non dou feito.
Este é o pin que me regalaron as profesoras do IES Lois Peña Novo de Vilalba , durante as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.

Supón moito traballo poñer en marcha esta actividade, é certo que tanto na Asesoría de bibliotecas escolares coma no departamento de bibliotecas escolares do CAFI non damos feito. Pero compensan os resultados ao comprobar a resposta do profesorado, veríficada nas enquisas de avaliación,  e ver os resultados do labor do profesorado nas bibliotecas escolares galegas.














Os materiais e vídeos desta actividade estarán dispoñibles para todo o profesorado no espazo Moodle da Asesoría de bibliotecas escolares: redeBE. 



1/9/14

Biblioteca escolar. Os proxectos documentais no CAFI

Neste primeiro trimestre do curso celebraremos no CAFI, en Santiago de Compostela, o curso S1401067  Biblioteca escolar. Os proxectos documentais no que traballaremos sobre a aprendizaxe baseada en proxectos e o papel da biblioteca escolar no desenvolvemento das competencias.
Esta infografía do CFR de Pontevedra aporta un punto de partida para orientarnos na temática que se abordará neste curso.

19/7/13

EDUGA (Revista Galega de Eduación)

A revista dixital  EDUGA (Revista Galega do Ensino), da Conselleíra de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  desde o  número 65 / xaneiro - xuño 2013, inclúe unha pestana,  Formación con tres espazos diferentes: Enfoques, ProxecciónsAmpliacións na que se presentan lecturas de carácter profesional. É o caso do texto que presenta Mar Vaamonde García, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI): Alfabetización mediática e informacional. Curriculum para profesores, unha guía da UNESCO para formar profesores críticos e responsables.
Neste número de EDUGA, o protagonismo é para as Bibliotecas Escolares de Galicia, motor de innovación metodolóxica e calidade educativa, recoñecidas con premios de boas prácticas e de innovación.