Mostrando entradas con la etiqueta Estratrexias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Estratrexias. Mostrar todas las entradas

19/11/10

CARLOS NEGRO: A LECTURA DE POESÍA OU COMO ABRIR UN KINDER SORPRESA

A seguinte sesión do noso curso, adicada a análise de diferentes tipos de textos, estará a cargo do poeta Carlos Negro que é licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa e profesor de Ensino Secundario desde o curso 1996-1997.

Ten colaborado en numerosos cursos e obradoiros de carácter literario, especialmente do ámbito poético;e tamén ten compartido a súa experiencia como poeta e docente con diversos colectivos por toda Galicia: profesorado, asociacións culturais, clubes de lectura, bibliotecas escolares, etc.

Autor dun poemario dirixido especialmente a lectores adolescentes: Makinaria. que ten unha excelente guía de lectura, de Rosa Salgueiro, que eu atopei no blogue CADERNO DE LINGUA, do nos compañeiro Román Cerqueiro, e aquí vos deixo o enlace aínda que xa o tendes enlazado desde a nosa bitácora.

17/11/10

CRISTINA NOVOA

Non hai nin que dicilo: lectura e bibliotecas están directamente relacionadas. Un curso sobre lectura que non contara cunha persoa experta en Bibliotecas, estaría imcompleto. Nós contamos, en Galicia, con dúas das persoas máis competentes do estado no tema de Lectura e Bibliotecas Escolares: Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
A sesión deste xoves, 18 de novembro, estará a cargo de Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares dos Servicios Centrais da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
É unha persoa próxima, á que todos coñecemos, pero non é doado contar con ela para un curso, porque está moi solicitada desde todas partes.
O traballo que levan adiante Pilar e Cristina está moi valorado fóra; espero que tamén nós saibamos valorar o que temos.
Para esta sesión, Cristina pasoume uns documentos moi interesantes e útiles que podedes consultar ou descargar desde aquí:
MATERIAIS DE CRISTINA NOVOA