Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

14/2/17

BIBLIOTECAS ESCOLARES A PIE DE PÁGINA


Bibliotecas escolares a pie de página, o artigo de Inés Miret e Mónica Baró para La lectura en España. Informe 2017, fai un repaso a situación e evolución das bibliotecas escolares no estado.
Sinala que, segundo diversos estudos, as bibliotecas escolares son determinantes na aplicación de metodoloxías activas e un apoio imprescindible en Aprendizaxe Baseado en Proxectos.


Chamoume especialmente a atención a referencia aos estudos realizados en EE.UU. e Australia que evidencian o impacto da biblioteca escolar no rendimento académico:
  • Mellores puntuacións nas probas estandarizadas: lectura, lingua, literatura, historia e matemáticas.
  • Mellores resultados en lectura e alfabetización en información: resolución de proxectos, tratamento e comunicación da información e cidadanía dixital.
  • Melloras no hábito e competencia lectora. Apoio para a compensación de desigualdades sociais.
  • Actitude positiva de cara a aprendizaxe. Maior autonomía e iniciativa por parte do alumnado.
  • Mellor desenvolvemento profesional do profesorado que traballa na ou coa biblioteca escolar.
 
As autoras deste artigo destacan o relevante papel das bibliotecas escolares nos resultados en competencia lectora de Galicia, en PISA 2012, que superan a media de España, a OCDE e a UE.

Unha última anotación, pola miña parte, sobre o remate do artigo que, citando a Jenkins, Ito e bloyd [2016], falan de futuro e sosteñen que a biblioteca escolar é o espazo máis axeitado, privilexiado, para desenvolver a aprendizaxe conectada, aquela que pon en relación:
  • Prácticas de aprendizaxe informal no terreo dos intereses da mocidade.
  • Os tipos de interacción que regulan as relacións entre iguais.
  • As necesidades derivadas da institución escolar.




6/2/17

TRANSLECTORES

"Comprender as novas prácticas de lectura, promover os multialfabetismos e consolidar unha cultura máis polifónica, libre e democrática que aproveite as ventaxas das redes dixitais de comunicación sen rexeitar  o legado da tradición"

Esta frase remata o magnífico artigo "El translector: Lectura y narrativas transmedia en la nueva ecología de la comunicación" co que Carlos Scolari pecha  La lectura en España. Informe 2017, 

O seu é un texto ameno e documentado no que a opinión, experta, do autor está corroborada ou apioada con datos estatísticos e con referencias doutros expertos de ámbito internacional.

A nós, as (os) docentes, convennos, diría que nos cómpre, coñecer e entender o concepto de literatura transmedia, a cultura que representa e as formas de transmisión; os novos lectores e modos de lectura.
Carlos A. Scolari estivo este novembro en Compostela, participando nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia. Temos acceso a toda a información no espazo redeBE, da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.

30/4/16

O meu nome é Skywalker



Remata abril, mes dos libros e eu, que sinto coma moitos (a maioría?) que non estou a facer canto debera, que unha manifestación, unha caixa de roupa usada, unha sinatura... non son solución; eu lémbrome de Skywalker.
O meu nome é Skywalker é un libro de Agustín Fernández Paz publicado por SM en 2003.
Un libro para lectores entre 0 e 100 anos, que debería estar no itinerario lector de todos os centros escolares. Que debería ler o profesorado e as familias e toda a comunidade; e digo máis: que debería lerse máis dunha vez na vida porque ten diversos niveis de lectura.
Un libro que fala da invisibilidade dos que máis necesitan ser vistos. Do egoismo das boas persoas, coma nós, que temen enfrontar os seus medos, asomarse nun cavorco de tristura e necesidade que non saben como manexar.
So os máis pequenos, que non teñen aínda prexuízos, ven persoas e as situacións como son.
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

25/4/16

25 de abril - 25 a sete vozes

clavel 
 Non quero que pase o 25 de abril sen unha recomendación especial.

Vintecinco a sete vozes de Alice Vieira. Lisboa, Editorial Caminho,1999. 

A historia vaise esluíndo en menos tempo do que imaxinamos; a xente nova (ou non tanto) non lembra ou minimiza a dictadura ou o intento de golpe de estado. Neste libro publicado en 1999 faise o relato de sete persoas de idades, profesións e vivencias diversas, mulleres e homes de tres xeracións que, respondendo ás preguntas sobre a revolución dos caraveis e a celebración do 25 de abril.


22/4/16

As viaxes do príncipe azul

Abril: mes do libro e da lectura; un mes con moitas celebracións.
Este ano non comento novidades, estou aproveitando a ocasión para falar de libros que non quero esquecer, que non deben ser esquecidos.


Hoxe estou a lembrar a historia dun príncipe republicano que quere ser bibliotecario e dos utilísimos agasallos das súa fada madriña: 
1º O poder de ver por debaixo das aparencias das cousas
2º O poder de pensar dúas veces as cousas antes de facelas.
3º O poder do trasacordo, que lle pemitiría reconsiderar as súas decisións sempre e en calquera circunstancia.

Quen nos dera semellante agasallo!!!


Mirade na vosa biblioteca a ver se atopades As viaxes do principe azul, un libro de Darío Xohán Cabana publicado no 1993, en primeira edición, pola editorial Galaxia. que leva xa unha ducia de reedicións.
Agora  están saíndo magníficas iniciativas para que as nenas teñan modelos femininos cos que identificarse, máis aló de princesas Disney, como a colección Antiprincesas. Pero tamén os nenos, os rapaces precisan alternativas aos estereotipo; cómpre,logo, botar a vista atrás e lembrar este libro orixinal e divertido, pero con carga de profundidade.Un libro ben escrito (non podería ser doutro xeito) no que o protagonista quere e pode sair do tópico e buscar o seu camiño, a súa forma de ser e de vivir.  Non da puntada sen fío este noso Darío.
Coido que é un bo momento para presentarllo ao noso alumnado.
    

26/12/15

BookTubers: multialfabetizacións e literatura.

Booktube é unha comunidade de lectores, polo xeral moi novos e , que, a través dos vídeos de youtube, comparten a súa afección pola lectura, presentan e comentan libros.

En xullo de 2014 o blogue Infotecarios, dedicaba unha entrada ao Fenómeno BookTube.

Rematando o 2015, o fenómeno BookTube xa está aquí; os rapaces e rapazas lectores teñen unha vida social moi activa e influencia na rede. Manexan diversas linguaxes, multialfabetismos, e utilizan as posibilidades que lles facilita a rede para crear contidos e compartilos 

O sistema educativo aínda non o considera, pero hai editoriais que se implican, algunhas canles xa teñen empresas patrocinadoras, anunciantes... Editoras e autores apoian e aproveitan estas novas vías de difusión.

É interesante este artigo de Luciana Monteblanco, que me pasou Nacho Rodiño: Comunidades en red en la Sociedad de la Información: informan, comunican, conectan. El fenómeno Booktube.

Cal é o papel do profesorado como formador de lectores, introductores no mundo da literatura? Temos aínda algo que aportar na formación do lector literario?

14/9/15

RELECTURAS


Cinco anos de guerra e hai pouco máis de cinco días que os medios falan de Siria.
Tamén eu quero falar de Siria a través dun fermosísimo libro do sirio Rafik Schami (Suheil Fadél), que se chama  Narradores de la noche (1993) e que nos acompaña a coñecer  Damasco, as súas xentes e a súa cultura.

 
E xa que estamos, podemos recuperar outro libro marabilloso sobre unha muller que fala co seu futuro neto dos horrores da guerra. Non é Siria, vai sobre a guerra Irán-Irak.
Han cremat el mar (1993), en castelán Han quemado el mar, un libro de Gabriel Janer Manila.

Son dous libros que xa teñen uns aniños, pero que non perderon calidade e actualidade. Cómpre darlles unha relectura, ou unha lectura de non coñecelos de antes. Haiche xente tan nova!



21/6/13

A PUBLICIDADE


 "http://www.flickr.com/photos/albertini/4160416026/" 

Hai veces que nos gusta, moito, a publicidade. Cada vez está máis claro que é un arte: en segundos hai que seducir e convencer; os obxectivos, ás máis das veces non son evidentes, pero todo está estudiado para acadalos.
Xa o cantaba Alberto Pérez con La Mándrágora, na fermosa canción Nos ocupamos del mar:
"Raro es que la verdad, mediante publicidad
alguna vez se abra paso, por si acaso
ahora es la oportunidad cuando el público hace caso". 


Exemplo de magnífica publicidade é este vídeo da editorial Random House Mondadori:

8/6/13

OCNOS revista de estudios sobre lectura


OCNOS é unha revista semestral de libre acceso, que pretende difundir investigacións e estudos sobre lectura e escritura e sobre os procesos educativos, a promoción da lectura e os hábitos lectores. Ocnos diríxese especialmente a profesores, psicólogos, sociólogos, educadores sociais, filólogos, bibliotecarios e estudantes que poden ler, descargar, copiar, distribuír, imprimir, etc esta revista sen restriccións.

29/4/13

XXXII edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela

Ata o  vindeiro domingo 5 de maio, podemos visitar e gozar da Feira do Libro na Alameda de Santiago de Compostela.
A lectura, como  Michêle Petit defende no seu magnífico libro El arte de la lectura en tiempos de crisis,   é un refuxio que nos  axuda  a  ordear o caos, comprender a realidade ou protexernos dela.
Estamos en tempos de crise económica, política, moral. En tempos de buscar abeiro nos libros contra a desmoralización e a prol da supervivencia das editoras e librerías

21/4/13

Día do libro

photo credit: the bbp via
Para celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO, algo mellor que unha historia de libros?
Este texto, esta pequena historia de libros, é parte de  "Histoires pressées", un libro do escritor francés, Bernard Friot, formado por 36 historias moi curtas, absurdas paradoxas cheas de humor e fantasía. 

AGORA UNHA HISTORIA TRÁXICA

Sobre un andel da biblioteca, un libro gordo de cuberta vermella diríxese moi educadamente ó seu veciño, un pequeneiro e miudo algo esbrancuxado, para lle dicir:
- dar Escuse información me podería señor unha vostede?
- Desculpe, non podo entender o que me di- respondeu tamén con moita educación o veciño fracucho.
- Ai, ho, se é certo -dixo o libro gordo e vermello cunha miga de menosprezo-. Esquecera que vostede non é máis ca unha pequena novela e que non sabe falar coma nós, os dicionarios, por orde alfabética!

- Conque un dicionario -bradou a novela alporizada-. E podolle preguntar, meu señor dicionario, que fai vostede nunha historia? As historias están reservadas para nós, as novelas.
Certamente vexado, o gordo dicionario vermello, debruzouse con todo o seu peso sobre a pequena novela fraca e esvaída
- ¡Cala cretino de especie! -di -
as dicionarios historias inventar máis os poden sanguentas, che unha vai Velaí!
E un vídeo animado, animadísimo, sobre libros, lectores e lecturas

14/2/13

AMOR+PAPEL+CINE na rede

Leer.es e moitos outros que o compartimos pola rede agasallamos amor con cine e papel nesta curta de animación nominada aos OSCAR á mellor curtametraxe de animación..

29/12/12

Realidade aumentada en bibliotecas

 Compartín en Facebook un enlace de Leer.es que me levou ao portal de Lectura Lab, o laboratorio de lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez . Lectura Lab , un proyecto para el fomento de la lectura, esta vez en forma de comunidad 2.0 y con la literatura infantil y juvenil y las nuevas tecnologías como principal protagonista.
No artigo enlazado a través de Leer.es , Nueve usos de la realidad aumentada en bibliotecas, presentan as suxerencias de Anthony Humphries. A min pareceume especialmente interesante, para o seu uso dentro dunha biblioteca escolar e con todoas as precaucións, esta 6º suxerencia. :
Inducción / busca do tesouro: O alumnadopode escanear a imaxe dunha zona da biblioteca para que amose un vídeo con instruccións de como utilizar esa área da biblioteca; co vídeo aparecera unha nova pregunta que leva o xogo a outra zona da biblioteca.
No mesmo artigo ofrecen o exemplo da utilización que a Biblioteca de Muskiz, Bizkaia, fai desta realidade aumentada en aspectos como a recomendación de lecturas ou consulta do catálogo.

16/12/12

Lectura dixital en Leer.es

No espazo de Webcast de formación, dentro da páxina de Leer.es,  Aprendizaje y enseñanza de la lectura, podemos atopar información sobre a lectura dixital e vídeos coma este que corresponden ao congreso de Lee. es de novembro do 2009.

15/12/12

Ler na era dixital



Live streaming by Ustream
Impresionante xornada sobre lectura en Extremadiura que contará con catro grandes expertos como son: Daniel Cassany, Javier Celaya, Luis González e José Antonio Millán  están hoxe, día 15 de decembro, en Cáceres baixo o lema: ¿A que llamaremos leer en el futuro?
Coñecemos ben a súa formación e a súa capacidade para transmitir e comunicar porque os catro teñen estado máis dunha vez en Galicia, nas Xornadas e Encontros de Bibliotecas Escolares, hai pouco máis dun mes foi Luis Gonzaléz que clausurou as IV Xornadas des bibliotecas escolares de Galicia;
Hoxe están xuntos en Cáceres, a xornada pódese compartir por streaming e penso que é unha oportunidade única de para coñecer a opinión de Cassany, Celaya, González e Millán e facernos unha idea de cal é a nosa responsabilidade como educadores.
A ignorancia neste campo pode ser unha grave  irresponsabilidade cando se produce en formadores de formadores.

12/12/12

Sobre as bibliotecas escolares galegas


 O blogue La literatura en la play, do diario dixital eldiario.es, faise eco do desenvolvemento das IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia e enlaza a Aula Virtual do CAFI para   para poder ver ou descargar os materiais. O autor, Antonio Gil, doctor en filoloxía hispánica e profesor universitario, presta especial atención á mesa sobre Vídeoxogos e biblioteca escolar, na que actuaron como relatoras Marian Moreno LLaneza e Isidora Gil.

5/12/12

Rosa Piquín en Santiago

Cordial, simpática e sabia.  Rosa Piquín pasou connosco o venres e o sábado en Santiago no curso Biblioteca escolar. Educación documental - I.
Presentounos  os Proxectos Documentais Integrados e animounos a facer o noso traballo pensando no noso alumnado, como cidadáns do século XXI.

29/11/12

Caballero Bonald, premio Cervantes 2012



VASTAS SON LAS VARIANTES DEL OLVIDO

Vastas son las variantes del olvido:
el óxido, la sangre coagulada,
los cementerios de automóviles, el musgo
suturando las llagas de las piedras,
el resplandor de las farolas
en los charcos, las botellas vacias.

Pero ninguna tan veraz como esta página
escrita por error en la amenazadora
coyunda del vacío de la noche,
justo cuando desploma la impotencia
su pesadumbre sobre la escritura.

Allí el olvido sella su pacto con los libros.
 
Manual de  infractores - Barcelona: Seix Barral, 2005
 
Alegreime ao saber que se lle concedera o premio Cervantes deste ano a José Manuel Caballero Bonald. Autor de algún dos meus libros preferidos: Ágata ojo de gato, Manual de infractores, Dos días de setiembre. 
Admiro a súa prosa e a súa poesía e, sobre todo, a poesía da súa prosa. Parabéns a José Manuel Caballero Bonald e a todos nós que podemos disfrutalo.















17/9/12

Vídeos de libros

Teño en marcadores ou favoritos a páxina da AGE - Asociación Galega de Editores. De ca:ndo en vez fago unha visita e sempre atopo algo aproveitable. Estes días son vídeos de libros como este:

Joy of Books from DTan on Vimeo.

14/9/12

Os fantásticos libros voadores

Descubrín a través da páxina da Asociación Galega de Editores unha historia fantástica para grandes e pequenos.

The Fantastic Flying Books de Morris Lesmore, levou o Oscar  á mellor curta de animación no 2011. Unha historia de libros sen palabras, pero con moito sentimento e moitas ideas.

Tirádelle proveito: