Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

14/6/13

Fóisenos "Pico": gran actor, gran profesional, gran persoa.


http://www.quepasanacosta.com/?p=19268
Andan revolucionados os muros de facebook coa morte de Xosé Manuel Olveira, "Pico".  O estado xeral é de emoción e tristura; emocionoume especialmente o comentario de Cándido Pazó: AS COUSAS CÓMICAS DUN CÓMICO,  escoitei a voz de Pico, falando de si mesmo, na lembranza do seu amigo. Querido por todos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia despídese do compañeiro e amigo con este texto connmovedor:
"Fixéchesnos rir, choramos contigo, enternecíchesnos, namorámonos de ti... canto nos deches, compañeiro! E agora... déixasnos? Non, nunca marcharás, sempre estarás con nós, en nós. Nos nosos platós, sobre as taboas dos nosos teatros, fronte as butacas dos nosos cines e, sobretodo, nos nosos corazóns e na memoria eterna dun país. Grazas amigo, ata sempre".
Culturagalega.org dedícalle un amplo e fermoso artigo, e fai un percorrido polo súa vida profesional,

12/5/13

SAYONARA CONSTANTINO ROMERO


Morreu hoxe, aos 65 anos, Constantino Romero.
Clint Eastwood, Arnold Schwarzenegger ou Michael Caine perderon a súa voz.
Foi tamén a voz de Mufaza en El Rey León. E tamén parte da inmortalidade de YulBrinner e HumphreyBogart.
Lembraremos a Constatino Romero, presentador do concurso cultural El tiempo es oro, locutor de radio, actor e, sobre todo, actor de doblaxe en español e catalán; a súa voz seguirá viva e emocionándonos na morte do replicante de Blade Runner e cada vez que vexamos a saga A guerra das Galaxias ou Terminator.

14/2/13

AMOR+PAPEL+CINE na rede

Leer.es e moitos outros que o compartimos pola rede agasallamos amor con cine e papel nesta curta de animación nominada aos OSCAR á mellor curtametraxe de animación..

1/9/12

DEFORMACIÓN PROFESIONAL

Este verán pasei uns días en Florencia e  fun visitar a Galería dos Uffizi; alí atópei o retrato de Bia de Medicci e lembreime de Xosé Antonio Neira Cruz e do seu libro "O armiño dorme" que tanto me gustou...
A súa lectura será, en primeiro lugar, un pracer e tamén unha invitación para adentrarse na Florencia dos Medicci e no Renacemento.


Outro libro interesante, para rapaces maiores, é “A Cidade das Flores” do portugués Augusto Abelaira. Un grupo de mozos que loita polos seus ideais e coas súas contradicións na Florencia controlada polo goberno  fascista de Mussolini.






Películas rodadas en Florencia.
  • Té con Mussolini ( 1999 ), unha película de Franco Zeffirelli, situada en Florencia durante a segunda guerra mundial.

  • Hannibal (2001), dirixida por Ridley Scott, con Anthony Hopkins e Julian Moore.
    ‘Paisà’ de Roberto Rossellini, a segunda película da Triloxía Neorrealista, que se inicia con ‘Roma, cidade aberta’ e remata con ‘Alemaña, ano cero’ , é unha auténtica obra de arte, terriblemente dura.
    Esta película non se centra unicamente en Florencia, aínda que ten escenas rodadas na cidade e concretamente nos fermosos Xardíns de Boboli.

20/6/12

Pola morte de Emili Teixidor

 
O xornalista e escritor catalán Emili Teixidor finou onte aos 78 anos. A literatura infantil e xuvenil supón unha gran parte da obra de Teixidor, en 1967 gañou o Premio Joaquim Ruyra de narrativa xuvenil  co libro Les rates malaltes e en 1997 o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil pola súa novela L'amiga més amiga de la formiga Piga. Con todo, a súa obra máis coñecida vai ser “Pa negre”, unha historia da Cataluña interior no peor da posguerra, nunha adaptación para cine dirixida por Agustí Villaronga que conseguiu un gran éxito de público e 9 premios Goya.
Lembrade LA LECTURA Y LA VIDA (Ariel, 2007) un texto recomendable para quen ama a lectura e quere compartila cos maís novos.


6/6/12

Ray Bradbury


  Ray Bradbury o autor  a quen debemos algún dos textos que marcaron a nosa (a miña) adolescencia finou hoxe.

FAHRENHEIT 451 está publicado en galego por Xerais na súa colección FÓRA DE XOGO. Pode ser un momento oportuno para redescubrilo. Penso que, fóra de certas "imprecisións" con referencia á evolución tecnolóxica que o autor non foi quen de predecir no 1953, é un texto moi actual.

O director francés François Truffaut dirixiu a película inglesa baseada nesta obra e estreada en 1966.

 Tamén está publicado en FÓRA DE XOGO  o conxunto de relatos de ciencia ficción "Crónicas marcianas"

No blogue do IES Fontexería de Muros podedes atopar unha presentación sobre Fahrenheit 451 da que xa dei información no blogue con data 4 de febreiro de 2011




2/3/10

RECOMENDO

Non deixedes de visitar a páxina do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.
Ten de todo: ideas, información, exposición de traballos do alumnado, enlaces co trabalo das aulas, outros enlaces interesantes para nós. Que máis?
Outro enlace que non deberíades perder, sobre todo os de secundaria, é caderno de lingua. Penso que alí podedes atopar os recursos, os enlaces, as propostas e a información para actualizar as nosas clases de lingua. Pode ser moi útil e moi distraído.
Por aí tamén podedes entrar a SON CINE, outra experiencia do IES de Porto do Son que deberíamos coñecer e aproveitar. Educamos e aprendemos tamén fóra das aulas.