Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas

30/3/13

O profesorado galego traballa cos textos

Hoxe dedico o día á última entrada do blogue de Román Landín: CADERNO DE LINGUA sobre os textos argumentativos. No facebook, o meu pensamento do día foi para unha entrada do blogue Has de cantar. E a miña entrada de hoxe é para incrustar unha presentación de Rosa Salgueiro, que mantén o blogue Na punta da lingua, recomendado tamén por  Román na mesma entrada súa. Se non temos nada novo que ofertar, debemos difundir o interesante traballo das compañeiras e compañeiros, xenerosamnete exposto na rede para a mellora da calidade educativa, da que tanto falamos.


11/9/12

Conferencia inagural

Conferencia Inaugural do "Congreso Iberoamericano de las Lenguas en la Educación y la Cultura", celebrado en Salamanca esta primeira semana de setembro de 2012, estivo a cargo do ex-presidente de Colombia Ernesto Samper co título de: "El futuro de la educación en el contexto de la globalización iberoamericana".
Aínda que eu non esperaba demasiado desta conferencia, confeso que fiquei sorprendida. Samper fixo un discurso breve, interesante e ameno, que enlazo aquí e recomendo.
Samper, que nun momento do seu discurso afirma que hai que "pensar na educación para pasar dunha democracia de electores a unha democracia de cidadáns", centra a súa conferencia nos desafíos fundamentais de Iberoamérica:
  • O desafío da competitividade no económico.
  • O desafío da equidade no social.
  • O desafío da gobernabilidade no político
  • O desafío da identidade no cultural.
 Non deixa de ser o discurso dun político, pero nestes tempos de palabras baleiras, de corrupción e manipulación da linguaxe é gratificante escoitar un político que fala ben e clariño e que ten algo que dicir. 

7/6/11

Proxectos TIL, de Paco Díaz

Unha presentación interesante de Paco Díaz do CFR de Pontevedra sobre proxectos de Tratamento Integrado das Linguas (TIL)

2/6/11

Competencia en Comunicación Lingüística. Ana Basterra

La Competencia en comunicación lingüística. Ideas para trabajar en el aula on PhotoPeach

10/5/11

Escatumbararibe

Escatumbararibé é un xogo de palabras con ritmo para aprender xogando.


Escatumbararibê

Zum Zum Zum

Escatumbararibê

Escatumbararibê

Escatumbatinga

Auê sarubê abá

Escatumbararibê

Escatumbatinga.

2/5/11

Por favor, compartídeo, espalládeo

Grazas a quen elaborou este vídeo, a quen o utilizou na súa páxina de facebook, no seu blogue, etc.

15/4/11

Galiza co Galego


Desde Nova Escola Galega faise un chamamento á sumarse nesta iniciativa:
O movemento de Galiza co Galego necesita 152 apoios para chegar aos 3.000. Súmate para facer efectivo o dereito á educación en galego en : http://www.facebook.com/l/ae31bvJbnbfD9A7KMMSWKr433wA/limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html
www.facebook.com

5/4/11

PREXUIZOS

A través de CADERNO DE LINGUA
Tampouco teño máis que dicir, a imaxe xa o di todo.
Non deixedes de entrar na páxina e difundídea.

Indignádevos

INDIGNACIÓN: (do lat. "indignatio, -onis") Sentimento de cólera contra unha persoa provocado por unha acción inxusta o reprobable.
Eu diría que este sentimento se produce en resposta ao acto que atenta contra a nosa dignidade.

Este opúsculo de Stéphane Hessel poderíase medir en caracteres porque, con prólogo, notas e posfacio, eu teño na man un libriño de 47 páxinas. Pero deu pé a milleiros de páxinas en formato impreso e dixital, en todos os idiomas, por todo o mundo.

Hai tanto xa na rede que non teño nada novo que aportar:

  • No "Galicia Hoxe" do 30.03.2011, tamén se publica un artigo de opinión de Miguel Anxo Fernán Vello, en CADERNO ABERTO que titula: Hessel e Sampedro
  • Sobre este libriño e o prólogo de Xosé Luis Sampedro tamén hai unha páxina de Fírgoa da USC.
  • A min gústame especialmente a entrada no blogue ETIKELES da Biblioteca Escolar do IES Fraga de Novio, en Porto do Son.

22/3/11

Rematou o curso

Rematou o curso, si. E nesta última sesión Román abriunos as portas (e deixounas abertas a través dun seu blogue: AULA LGL e co enlace ao blogue de Xano: ALGUNHAS APLICACIÓNS MULTIMEDIA) á posibilidade de mudar a metodoloxía, desenvolver as competencias e dar protagonismo ao alumnado facilitando a súa autonomía coa utilización das TIC. As tres ferramentas que nos presentou:
GLOGSTER: para facer cartaces dixitais
goAnimate: para facer animacións
IKIMAP: para traballar sobre mapas, facer roteiros, etc
Son só unha mostra do que se pode facer, sen esquecer, nunca, que as TIC son unha ferramenta para mellorar o noso traballo como docentes.
Eu, pola miña parte, seguirei traballando nesta bitácora e nela irei metendo o que considero de interese para todos nós, para o noso traballo e non só...

Moita sorte e bo ánimo.


18/3/11

Román Cerqueiro Landín. Sobre a primeira sesión

Mándame Román un correo no que me informa de que xa podemos consultar a presentación da súa primeira sesión: A integración das TIC na área de lingua e literatura.

Textualmente(eu tamén) escríbe Román: "Entre as ligazóns que hai na presentación, eu destacaría dous vídeos de Jordi Adell, especialmente o segundo, que define como nos debemos enfrontar ás TIC, tamén os docentes, para aprender a manexalas e innovar con elas no noso traballo. El fala de contornos virtuais de aprendizaxe e creo que é moi didáctico para os participantes en cursos como o noso xa que nisto das TIC grande parte da formación se fai desa maneira autodidacta.

Ademais, a seguinte reflexión de Xano tamén afonda nesa liña".
O vídeo está moi ben e moi clariño. A reflexión de Xano impresionante; coma o porco: aprovéitase todo. E a presentación de Román necesaria e pertinente.
Eu, coma sempre, recoméndovos que sigades o seu blogue e lle tiredes todo o proveito posible.

Segunda sesión do curso A LINGUAXE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Santiago Sobrino, relator desta sesión do 15 de marzo, achegounos á posibilidade de utilizar diversas ferramentas en rede.En concreto traballamos cos programas galegos EDILIM e ARDORA, e quedounos por mirar o programa de orixe catalán JCLIC, máis vello pero non menos útil. Con respecto a este último, eu recomendarái visitar a páxina de lapis de cores onde poderedes atopar un enlace para descargar e instalar o programa e tamén moitas actividades, xa feitas, que o voso alumnado pode utilizar directamente.

Deixounos un documento, que vos enlazo e podedes descargar aquí, con enlaces interesantísimos. Para descargar programas "libres", para utilizar actividades xa feitas, ou para facelas nós, titoriais para aprender a manexar estas aplicacións, e moito máis.

10/3/11

A LINGUAXE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe empezamos o curso: "A linguaxe das novas tecnoloxías" (non tan novas, que diría un compañeiro).
Este primeiro día contamos con Román Cerqueiro Landín, profesor de lingua e literatura galega e coordinador do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Porto do Son.
Moitos de nós seguimos o seu blogue: CADERNO DE LINGUA, blogue de aula de lingua e literatura galega.

Román ocupa a vice-secretaría d' A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) formada por equipos de centros públicos, privados e concertados.

Participou como relator en varios cursos sobre este tema:

  • As bitácoras e o seu potencial educativo. O caderno de lingua

  • Os blogues como recurso de aula

  • Recursos da Web 2.0: elaboración dun blogue multimedia con Wordpress

  • O blog da biblioteca

  • Os blogs no desenvolvemento curricular

4/3/11

A prensa

Ben está traballar coa prensa nas aulas e na Biblioteca. Na actualidade podemos consultar tamén toda a prensa dixital, desde a máis local (certo.es)
á máis global (periodismohumano.com), e non deixa de ser unha ferramenta para contrastar as informacións que chegan a todos os centros, queirámolo ou non, desde "La voz de Galicia".
Algúns centros teñen xa un acceso á prensa dixital:

http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/category/8/134/100

http://www.edu.xunta.es/centros/iesbrion/node/92

Eu, pola miña parte achégovos uns enlaces que xa coñeceredes, pero...

http://www.certo.es/

http://periodismohumano.com/

http://www.xornal.com/


Hoxe recoméndovos a lectura e debate sobre esta información aparecida en PERIODISMO HUMANO.

2/3/11

Alá foi VIEIROS e agora FLOCOS

Grazas á "profa" , a Mercedes Queixas e a Román Landín por manternos ao día.

Primeiro perdimos "ABERTO POR REFORMAS"
Desapareceu Vieiros, agora alá vai Flocos.
O noso goberno vai desmantelando todo o que cheire (arrecenda) a cultura galega
Que facer? Algo teríamos que facer, digo eu.

22/2/11

COMPRENSIÓN LECTORA

Como estamos a falar de lingua, de bibliotecas, da linguaxe das novas (ou xa non tan novas) tecnoloxías, de Proxecto Lector de Centro, ...
gustaríame compartir esta presentación de Cristina Novoa da que podemos tirar moitas e moi boas ideas.

21/2/11

Encontro de docentes e equipos pola normalización



Este é o correo que eu recibín e, tal cual, volo paso:
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.

16/2/11

Espazo Lectura

O Club de Formación Lectora, vai celebrar unha sesión arredor do libro "10 ideas clave: animación a la lectura" de Juan Mata, profesor de Ciencias da Educación da Universidade de Granada. Durante a sesión conversarán co autor do libro a través de videoconferencia.
Nos (cando menos eu) coñecemos a Juan Mata, da man de Cristina Novoa, naquelas memorables "Xornadas de Bibliotecas Escolares" do 2005 enamorámonos del, da súa palabra, aprendendo "Como mirar a la Luna"
É, logo, un vello amigo das Bibliotecas Escolares Galegas.
Tamén é o autor de varios libros imprescindibles para calquera persoa interesada en promoción da lectura.
Parabéns a Espazo Lectura.