Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

4/1/17

O ANXO NEGRO de Manuel Gago


“Quenquera que fose estaba saqueando Galicia e toda a riqueza artística que, durante séculos, a propia Historia, esa procesión de poderosos, artistas, meretrices, humildes e ladróns, fora acumulando por todas partes. Riquezas pagadas con foros e rendas de millo, labradas coa suor dos devanceiros de todos eles. Arte que era, no fondo, a riqueza permanente, eterna, dun país.”
Costa da Morte de Porto do Son a Malpica

Illas Lobeiras, baleeira de Caneliñas (Gures), Monte Pindo, Corcubión.
De sólida formación como xornalista e experto en patrimonio, Manuel Gago tece neste libro unha ficción histórica (e xeográfica) de lindes difusos que nos leva, ás veces, a comprobar datos porque xa non sabemos que é historia e que ficción.
Desde Porto do Son asexa o predador:

Gran coñecedor da nosa xeografía e o noso patrimonio escribe unha historia posible cunha prosa tan natural, tan deliberadamente coloquial, que temos a sensación de estar a escoitar unha conversa ou un sucedido. Movémonos por paisaxes coñecidas e ficticias, recoñecemos os retablos barrocos, as santiñas, os cruceiros e petos das ánimas. Entre estes xenéricos, Gago mete, de cando en vez, un cameo real coma Michel Colombe ou o cristo románico da igrexa de S. Salvador de Celanova. 

O conde de Traba e Xelmirez, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso, rei de Galicia. María Estuardo, D. Xoán de Austria e a guerra de Flandes, as xuderías de Ribadavia e Pontevedra, o pirata Drake, os Fuxidos do Pindo... a historia.  A HISTORIA, que cobra vida nesta novela e forma parte do argumento e lle empresta, á ficción, a verosimilitude dos datos históricos. 

É unha novela ben armada e amena. Unha novela que, como os grandes da literatura, abre as portas á curiosidade, ao coñecemento, ao recoñecemento da nosa cultura e, sempre, a outras lecturas.
Ler este libro co noso alumnado, contar con Manuel Gago 
(e logo non?), remexer na historia, na cultura, no patrimonio con eles paréceme unha actividade útil e divertida.





 

2/5/11

Por favor, compartídeo, espalládeo

Grazas a quen elaborou este vídeo, a quen o utilizou na súa páxina de facebook, no seu blogue, etc.

Nova Galega de Danza

15/4/11

Galiza co Galego


Desde Nova Escola Galega faise un chamamento á sumarse nesta iniciativa:
O movemento de Galiza co Galego necesita 152 apoios para chegar aos 3.000. Súmate para facer efectivo o dereito á educación en galego en : http://www.facebook.com/l/ae31bvJbnbfD9A7KMMSWKr433wA/limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html
www.facebook.com

21/2/11

Encontro de docentes e equipos pola normalización



Este é o correo que eu recibín e, tal cual, volo paso:
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.

19/1/11

CELTIC ROOTS, un proxecto multidisciplinar

Celtic Roots é un proxecto educativo Comenius de carácter multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de centros de Manchester, Bray e Nigrán.

19/11/10

CARLOS NEGRO: A LECTURA DE POESÍA OU COMO ABRIR UN KINDER SORPRESA

A seguinte sesión do noso curso, adicada a análise de diferentes tipos de textos, estará a cargo do poeta Carlos Negro que é licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa e profesor de Ensino Secundario desde o curso 1996-1997.

Ten colaborado en numerosos cursos e obradoiros de carácter literario, especialmente do ámbito poético;e tamén ten compartido a súa experiencia como poeta e docente con diversos colectivos por toda Galicia: profesorado, asociacións culturais, clubes de lectura, bibliotecas escolares, etc.

Autor dun poemario dirixido especialmente a lectores adolescentes: Makinaria. que ten unha excelente guía de lectura, de Rosa Salgueiro, que eu atopei no blogue CADERNO DE LINGUA, do nos compañeiro Román Cerqueiro, e aquí vos deixo o enlace aínda que xa o tendes enlazado desde a nosa bitácora.

25/2/10

Orgullosos do noso, orgullosos do galego.

Non sei se seguides entrando, non teño contador de visitas.
Para os que entrades, este é un vídeo para recomendar aos amigos e coñecidos. NOn é que conte nada novo, é polo seu valor simbólico.
No título tendes o enlace coa coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística. Aquí tamén.