Enrique Roca, exdirector do Instituto de Avaliación e asesor da OEI (Organización de Estados Iberoamericanos organismo internacional intergubernamental especializado en educación, ciencia e cultura) publica un interesante artigo no número3.968 da revista ESCUELA (xaneiro 2013).
As e os docentes, competentes e comprometidos, presionados (mesmo cuestionados) polos resultados PISA e PIRLS deben ler este texto no que se informa que "Nos niveis socioeconómicos máis modestos (...) os alumnos españois obteñen mellores resultados que o promedio OCDE". É nos estatus socioeconómicos máis favorables onde o sistema educativo español obtén peores resultados.
Conclúe Roca que "As sucesivas edicións de PISA confirman que os sistemas educativos de máis elevado rendimento son tamén os máis equitativos. Os sistemas educativos son excelentes cando garanten os mellores resultados á maioría do alumnado, e as diferencias son pequenas, ou o que é o mesmo, cando tamén son equitativos"
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
Mostrando entradas con la etiqueta Pisa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pisa. Mostrar todas las entradas
27/1/13
EXCELENCIA=EQUIDADE
Etiquetas:
Educación,
Enrique Roca,
equidade,
excelencia,
OEI,
Pirls,
Pisa,
Revista ESCUELA
10/11/10
CONSUELO ALLUÉ
Estes días Consuelo falounos de PISA e de PIRLS. Xa podedes consultar desde aquí algúns enlaces coas probas liberadas e tamén unha presentación de Xosé Graña Carrodeguas que vos pode ser de utilidade. Podedes tamén acceder aos materiais BLITZ do departamento de educación do goberno de NAvarra.
Prensión lectora
View more presentations from elemaz.
Etiquetas:
Avaliación,
competencias,
Consuelo Allué,
Educación,
Navarra,
Pirls,
Pisa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
