Mostrando entradas con la etiqueta información.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta información.. Mostrar todas las entradas

4/3/11

A prensa

Ben está traballar coa prensa nas aulas e na Biblioteca. Na actualidade podemos consultar tamén toda a prensa dixital, desde a máis local (certo.es)
á máis global (periodismohumano.com), e non deixa de ser unha ferramenta para contrastar as informacións que chegan a todos os centros, queirámolo ou non, desde "La voz de Galicia".
Algúns centros teñen xa un acceso á prensa dixital:

http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/category/8/134/100

http://www.edu.xunta.es/centros/iesbrion/node/92

Eu, pola miña parte achégovos uns enlaces que xa coñeceredes, pero...

http://www.certo.es/

http://periodismohumano.com/

http://www.xornal.com/


Hoxe recoméndovos a lectura e debate sobre esta información aparecida en PERIODISMO HUMANO.

26/11/09

ARTUR NOGUEROL - luns 30 de novembro


Bon día. Quero lembravos que o día 30, luns, rematamos o curso coa colaboración de Artur Noguerol. Pídovos que fagades un esforzo de puntualidade nese día.
Supoño que recibiredes, por correo electrónico, a notificación da enquisa. Para poder coñecer as opinións dos docentes, as súas demandas, etc. precisamos que fagades o pequeno esforzo de cubrilas. Graciñas.
Esta foto non é miña, claro, é do Servei Educatiu del Segrià, unha páxina con materiais moi interesantes, tamén para coñecer algo sobre as Biblotecas Escolares en Cataluña.

8/10/09

Curso:Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura - II

Empezamos o día 5 de novembro un novo curso de Bibliotecas Escolares do CFR de Santiago de Compostela, dentro do plan de formación do profesorado do curso 2009-2010.
Espero que esta bitácora sexa de utilidade para comunicarnos.
Aquí poderemos colgar materiais, enlaces e información de utilidade.
De momento pódovos ofertar algo de bibliografía e algúns enlaces interesantes.
Vémonos no curso.