Atopado en faccebook a través de Anxos Rial Vidal e de O Segrel Do Penedo
A descricion from marisadc2
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
Descubrín este documental a través do blogue ORIENTACIÓN CEE de Panxón, no que buscaba información sobre a LOMCE. Tres cuestións chamaron especialmente a miña atención: equidade, confianza (responsabilidade) e formación do profesorado. O documental detense na análise deste último asunto.
Neste último mes, novos premios en relación co ensino público e coas bibliotecas escolares de
Galicia. O
PDI "ALINGUA SABE A PAN", da
biblioteca do CEIP de Friáns-Teis,
de Vigo, conqueriu o Premio Nacional de Educación para centros non universitariosna modalidade de Desenvolvementode Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais.
Un
libro con
moita e boa publicidade e está moi ben que se publique en galego; é
ameno e moi doado de ler.
Para
quen queira coñecer a vida común do sur dos EEUU de finais do s. XIX, hai un libro escrito
en primeira persoa, expresivo e natural, un libro sen pretensións
didácticas e máis profundo do que parece; falo de As
aventuras de Tom Sawyer
(1876) de Mark Twain e para coñecer o entorno social da época
nada mellor que As
aventuras de Huckleberry Finn
(1884) do mesmo autor. Hai
unha versión en galego de Tom Sawyer, en Xerais, en
tradución de Xosé
Ramón Díaz Fontao, do ano 1995, que foi reeditada (non sei se
actualizada) no 2004.
Nos tempos da LOE insistíase moito en que os datos das Avaliacións Diagnósticas non se farían públicas e na importancia de facer unha valoración ponderada tendo en conta as circunstancias dos centros. Polo que parece non é ese o que preconiza a LONCE no que as probas avaliadoras parecen pretender en primeiro lugar culpabilizar ao alumnado do seu fracaso e clasificar aos centros en función dos resultados coas consecuencias que se poidan derivar.