A revista dixital EDUGA (Revista Galega do Ensino), da Conselleíra de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, desde o número 65 / xaneiro - xuño 2013, inclúe unha pestana, Formación con tres espazos diferentes: Enfoques, Proxeccións e Ampliacións na que se presentan lecturas de carácter profesional. É o caso do texto que presenta Mar Vaamonde García, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI): Alfabetización mediática e informacional. Curriculum para profesores, unha guía da UNESCO para formar profesores críticos e responsables.
Neste número de EDUGA, o protagonismo é para as Bibliotecas Escolares de Galicia, motor de innovación metodolóxica e calidade educativa, recoñecidas con premios de boas prácticas e de innovación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario