“Esto non son as Torres Xemelgas”
un libro de María Acaso e unha recomendación de Rosa Piquín nos
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE)
1916/17.
Con este título a autora xoga a
enfrontar a realidade coa imaxe da realidade: non, non son as torres.
É unha imaxe das torres.
|
Pixabay, OpenClipart-Vectors
|
No texto se presenta o concepto de
“hiperrealidade” coma o conxunto de imaxes que compón unha
segunda realidade e que pode ter máis transcendecia na nosa vida que
a verdadeira.
Pregúntase por que, sendo a
información de carácter visual a que máis consume o cidadán
occidental, non se pon interese ningún na Alfabetización
Audiovisual. Porque non interesa que o consumidor saiba ler as
imaxes, conclúe a propia autora.
Fálanos María Acaso do poder da
imaxe; das características e obxectivos da cultura visual.
A TV, ou os medios audiovisuais,
teñen como obxectivo impedir o desenvolvemento coñecemento propio e
modelar a identidade do individuo en base a un ideal de vida
estereotipado transmitido a través dunha metanarrativa audiovisual
que nos non somos quen de ler, pero que determina o noso xeito de ver
o mundo e a nós mesmos. Esta metanarrativa ten como finalidade xerar
unha variedade de medos, que se definen no libro, en beneficio do
poder económico, político ou relixioso
Por último a autora nos invita a
sospeitar e nos da as claves de como facelo.
Se, como afirma Acaso citando a
Derrida, calquera produto creado polo ser humano é un texto posto que ten
significado para quen o ve, o único xeito de formar persoas,
cidadáns, críticos e responsables é educar nun contexto de multialfabetización.
A alfabetización informacional,
mediática e audiovisual facultará ao alumnado para acadar unha visión
crítica e construir a súa identidade.
Cando se deseñan actividades de formación no audiovisual desde as TIC e non desde a biblioteca podemos caer no erro de centrarnos na ferramenta e non na alfabetización.
No noso país hai valiosas experiencias entre as que me interesa mencionar o caso de Aturuxo Films, un programa serio e ben estructurado de Alfabetización Audiovisual.