Mostrando entradas con la etiqueta ALFIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALFIN. Mostrar todas las entradas

1/10/17

INFORME SOBRE BIBLIOTECAS ESCOLARES




O 15 de xuño de 2017 a Subdirección General de Estadística y Estudios do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicou o informe estatístico sobre a situación das bibliotecas escolares a nivel estatal no curso 2015-2016.
Os resultados pódense consultar por comunidade autónoma ou por provincia.
Analízanse 45 aspectos referidos a:

  • Bibliotecas do centro.
  • Instalacións e equipamentos.
  • Colección.
  • Uso das tecnoloxías da información e a comunicación:
  • Uso e usuarios. Actividades.
  • Xestión
  • Gastos e orzamentos.
  • Persoal.
As bibliotecas escolares de Galicia ostentan unha posición relevante en todos os items que se analizan, pero destaca naqueles aspectos que se veñen priorizando dende os programas da Asesoría de bibliotecas escolares e a rede de formación do profesorado: 
https://es.pinterest.com/pin/427842033341672921/
https://es.pinterest.com/pin/427842033341672921/
A alfabetización múltiple, que actualiza o concepto de lectura e que a UE define como “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica” é hoxe unha capacitación (por non dicir competencia) imprescindible para a cidadanía.

https://es.pinterest.com/pin/427842033341644193/
A Alfabetización Informaciónal é xa unha realidade asentada que se traballa sistemáticamente nas nosas bibliotecas, como se reflicte nos resultados do informe. Ademais da asignatura de libre configuración, Investigación e Tratamento da Información (INEIN), para ESO e Primaria, a maioría das bibliotecas programan actividades ALFIN. 
Existen experiencias ben interesantes, rigurosas e ben estructuradas, de alfabetización audiovisual.

  O Plan LÍA contempla o seu desenvolvemento como unha das prioridades das bibliotecas escolares galegas.
A compensación de desigualdades é un punto significativo na programación anuais; acadar unha biblioteca totalmente inclusiva é un dos retos do Plan LÍA 2016-2020

19/10/15

CURSO DE BIBLIOTECAS EN COMPOSTELA

O curso consta de 6 sesións presenciais que se celebrarán na aula 11 do CAFI de 18:00 a 21:00.

Cristina Novoa  (http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/, https://www.pinterest.com/pin/427842033329269443/ ) falará do modelo de biblioteca escolar do século XXI, conceptos ALFIN e AMI e Proxecto Lector de Centro.

Anna Blasco (http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=16, https://www.pinterest.com/becafi/textos-zona-de-carga-e-descarga/ ) desenvolverá o seu relatorio sobre a Competencia Informacional no ensino obrigatorio. 

Contaremos tamén con Begoña López Soto (IES Fernando Esquío de Neda) para falar sobre a xestión informatizada das bibliotecas escolares. 

Isabel Vázquez Rosales (CEIP de Quintela), Ana Seco Orosa (IES Sofía Casanova), Aurora Ramilo (CEIP de Leirado) e Santiago Dans (IES Poeta Díaz Castro) compartiran experiencias en relación ás programacións e á aplicación de estratexias ALFIN no desenvolvemento de proxectos.

3/9/15

REDES SOCIAIS NO ENSINO

Como se pode traballar en educación en Galicia  obviando o papel das bibliotecas escolares?


No pasado mes de xullo (2015) saiu o número 62 da Revista Galega do Ensino, de Nova Escola Galega; un monográfico, oportuno e ben documentado, sobre Redes Sociais no Ensino coordinado por Adriana Gewerc Barujel, Ana Rodríguez-Groba e Fernando Fraga Varela, do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC.
Comeza coa noción, a posibilidade, a oportunidade das redes sociais no ámbito educativo. Presentan, pero non explican, a idea de prosumer, o individuo productor e consumidor de contidos en rede do que falou Tíscar Lara no 2102, nas IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Mencionan o concepto de información líquida, da cultura 2.0 ou 3.0.
Especialmente interesante, na miña opinión, é o artigo REDES SOCIAIS NAS AULAS de Esther  Fernández Pérez, que analiza de xeito claro, conciso e práctico o tipo de rede a utilizar no ensino, as súas características e posibilidades. Tamén me pareceu relevante a presentación da plataforma  Edu-AREA (Manuel Caeiro Rodríguez) e da rede social do profesorado, Redeiras (Alejandro Rodríguez Quintana e Juan Menéndez Rocha).

Repito: un número moi necesario, pero...

As bibliotecas escolares non se mencionan en todo o número.
Parecen esquecer (ou ignorar) o papel , imprescindible, das bibliotecas escolares na innovación metodolóxica, como centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe; para o acceso á información; no desenvolvemento de proxectos interdisciplinares; na adquisición da Alfabetización Informacional (ALFIN) ou Mediática e Informacional (AMI).
É boa mágoa un tal descoñecemento, por parte destes profesionais, da exemplar rede de bibliotecas escolares de Galicia e do magnífico labor que realizan.