Como se pode traballar en educación en Galicia obviando o papel das bibliotecas escolares?
Comeza coa noción, a posibilidade, a oportunidade das redes sociais no ámbito educativo. Presentan, pero non explican, a idea de
prosumer, o individuo productor e consumidor de contidos en rede do que falou
Tíscar Lara no 2102, nas
IV
XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Mencionan o concepto de información líquida, da cultura 2.0 ou 3.0.
Especialmente interesante, na miña opinión, é o artigo REDES SOCIAIS NAS AULAS de Esther Fernández Pérez, que analiza de xeito claro, conciso e práctico o tipo de rede a utilizar no ensino, as súas características e posibilidades. Tamén me pareceu relevante a presentación da plataforma Edu-AREA (Manuel Caeiro Rodríguez) e da rede social do profesorado, Redeiras (Alejandro Rodríguez Quintana e Juan Menéndez Rocha).
Repito: un número moi necesario, pero...
As bibliotecas escolares non se mencionan en todo o número.
Parecen esquecer (ou ignorar) o papel , imprescindible, das bibliotecas escolares na innovación metodolóxica, como centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe; para o acceso á información; no desenvolvemento de proxectos interdisciplinares; na adquisición da Alfabetización Informacional (ALFIN) ou Mediática e Informacional (AMI).
É boa mágoa un tal descoñecemento, por parte destes profesionais, da exemplar rede de bibliotecas escolares de Galicia e do magnífico labor que realizan.