11/9/12

Conferencia inagural

Conferencia Inaugural do "Congreso Iberoamericano de las Lenguas en la Educación y la Cultura", celebrado en Salamanca esta primeira semana de setembro de 2012, estivo a cargo do ex-presidente de Colombia Ernesto Samper co título de: "El futuro de la educación en el contexto de la globalización iberoamericana".
Aínda que eu non esperaba demasiado desta conferencia, confeso que fiquei sorprendida. Samper fixo un discurso breve, interesante e ameno, que enlazo aquí e recomendo.
Samper, que nun momento do seu discurso afirma que hai que "pensar na educación para pasar dunha democracia de electores a unha democracia de cidadáns", centra a súa conferencia nos desafíos fundamentais de Iberoamérica:
  • O desafío da competitividade no económico.
  • O desafío da equidade no social.
  • O desafío da gobernabilidade no político
  • O desafío da identidade no cultural.
 Non deixa de ser o discurso dun político, pero nestes tempos de palabras baleiras, de corrupción e manipulación da linguaxe é gratificante escoitar un político que fala ben e clariño e que ten algo que dicir. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario