13/1/13

Videoxogos e educación.

Nas IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, celebradas en Santiago de Compostela en novembro de 2012, co lema LER PARA VER, destinamos unha sesión aos videoxogos a cargo das profesoras Marian Moreno Llaneza, do CPR de Avilés (Asturias) e Isidora Gil, do IES de Celanova, Ourense.
Outra proba do papel das bibliotecas escolares nos procesos de innovación e a calidade educactivas.
Xurxo Mariño, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fala neste vídeo sobre os efectos dos videoxogos nas capacidades cognitivas.
Remitímonos, coa revista ESCUELA, ao proxecto IMAGINE, financiado pola Comisión Europea e desenvolvido no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente nos anos  2009 e 2010 no que se conclúe que " cada vez existen máis probas da eficacia dos xogos: promoven a aprendizaxe activa, facilitan o ensino personalizado, proporcionan retroalimentación inmediata, desenvolven novos xeitos de comprensión, permiten un maior nivel de retención e aumentan a motivación".
No seu último número a revista presenta un artigo asinado por Daniel Vila:  “ La importancia de los videojuegos”  no que o autor da conta dunha conferencia celebrada en Madrid, dentro das actividades da iniciativa CaféCREA, promovida por  Santillana, a cargo de Begoña Gros Salvat, doctora en pedagoxía e profesora da Universidade de Barcelona. A doctora Gros, que é investigadora principal do grupo de investigación EMA (Seminaris de recerca sobre entorns i materials per a l’aprenentatge online), afirmou na súa conferencia que o videoxogo “ é unha linguaxe multimedia que alimenta a alfabetización múltiple e axuda a desenvolverse nun sistema complexo, sendo, como é, unha contorna de múltiples variables”.
 
A páxina Memoria Pixelada é a primeira web acerca de videoxogos en galego recolle novas, analiza videoxogos, ten enlaces e descargas. 



Outros enleces sobre videoxogos:
http://botons.eu/2011/11/29/o-videoxogo-e-a-nova-narrativa/

http://revista.mundo-r.com/contido/videoxogos-con-selo-galego 
http://educaciondixital.as-pg.com/aprende/unha-nova-percepcion-dos-videoxogos
http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=120

No hay comentarios:

Publicar un comentario