28/4/12

Sobre os beneficios da lectura

Non sería mala idea propor nas nosas bibliotecas unha actividade deste tipo. Pode quedar un vídeo, un mural, unha presentación, etc. ben divertida. E, máis que nada, terán que reflexionar sobre a lectura.

26/4/12

AMOR EN LA BIBLIOTECA. Un traballo da Universidade Autónoma de Madrid.

Este é un traballo de "Tic en educación infantil" de tres alumnas de 2º grado de Educación Infantil da UAM.
Grazas Carlos por me mandar este enlace.
Grazas tamén ás autoras por poñelo á disposición de quen poida e queira usalo.
Hai que tirarlle proveito.

25 DE ABRIL

4/2/12

RETOMANDO

Levo un mundo de tempo sen enttrar aquí. Xa nin lembraba o contrasinal. Desde hoxe entrar, cando menos, cada semana e mirar de aportar ideas e/ou información de utilidade

11/6/11

Entrevista a Antoni Zabala: ensino por competencias.

Pregunta no minuto 3 da entrevista: O actual modelo orgánico dos centros, é compatible cun traballo por CCBB? Escoitade a resposta.

Permitireime facer unha traducción (moi libre) e un estracto (aínda máis libre), do punto: "O saber escolar ao servicio do saber universitario", na idea clave 1, páx: 22 no libro de Antoni Zabala e Laia Arnau "11 ideas clave: cómo aprender y enseñar competencias"
[...] a concepción do sistema escolar como un percorrido de superación se etapas sucesivas condicionadas, cada unha delas, polas demandas da etapa superior [...] é, finalmente, o instrumento para a superación das probas de acceso á universidade"
Tamén vos podería interesar este traballo colaborativo: "Como trabajar los contenidos procedimentales en le aula" que está en google.books

7/6/11

Proxectos TIL, de Paco Díaz

Unha presentación interesante de Paco Díaz do CFR de Pontevedra sobre proxectos de Tratamento Integrado das Linguas (TIL)

2/6/11

Competencia en Comunicación Lingüística. Ana Basterra

La Competencia en comunicación lingüística. Ideas para trabajar en el aula on PhotoPeach

31/5/11

Escolma de textos sobre países árabes

Esta é unha escolma de textos ecollidos por min con enlaces e referencias á historia e ao presente dos países árabes dos que tratan estes libros. Só hai unha páxina sen correspondente texto literario que é a de Túnez, por ser o estado no que se iniciaron as revoltas da chamada "PRIMAVERA ÁRABE"
Haberá moita máis literatura e, ben cho sei, moita máis información. Espero que vos sexa de utilidade para empezar.
Hai un libro do que teño que poñer algo, aínda que non está situado nos países árabes, porque si, porque me peta, porque quero e dame a gana... "Harum y el mar de las historias" de Salman Rushdie