20/6/12

Atopei este vídeo no scoop-it antoniorrubio:“Lectura, Bibliotecas Escolares, Bilingüísmo” . A min gustoume, aínda que a lectura está aberta a todo tipo de persoas, sen discriminación e non temos que ser persoas altas, guapas e loiras como as modelos do vídeo para ler. 
 Cousas da publicidade, supoño.

15/6/12

Ler non é clandestino.

Non vos perdades este divertido (e instructivo) vídeo sobre a biblioteca do IES Chano Piñeiro, de Forcarei. "Un vídeo de Fomento da Lectura" escribe Gracia Santorum, impulsora e coautora,  no seu sempre interesante blogue TRAFEGANDO RONSEIS.
Parabéns a todos: impulsora, autores, actrices e actores, músicos e cantantes.

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012

Vídeo-resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012 celebrados en Santiago de Compostela os días 19 e 20 de abril, coa asistencia de responsables ou membros dos equipos de bibliotecas incluídas neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

6/6/12

Ray Bradbury


  Ray Bradbury o autor  a quen debemos algún dos textos que marcaron a nosa (a miña) adolescencia finou hoxe.

FAHRENHEIT 451 está publicado en galego por Xerais na súa colección FÓRA DE XOGO. Pode ser un momento oportuno para redescubrilo. Penso que, fóra de certas "imprecisións" con referencia á evolución tecnolóxica que o autor non foi quen de predecir no 1953, é un texto moi actual.

O director francés François Truffaut dirixiu a película inglesa baseada nesta obra e estreada en 1966.

 Tamén está publicado en FÓRA DE XOGO  o conxunto de relatos de ciencia ficción "Crónicas marcianas"

No blogue do IES Fontexería de Muros podedes atopar unha presentación sobre Fahrenheit 451 da que xa dei información no blogue con data 4 de febreiro de 2011




9/5/12

Convocatoria do PLAMBE 2013

Saiu a convocatoria do PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) para o curso 2012/2013. Seleccionaranse 55 novos centros; os centrs que xa están incluídos deben presentar a documentación que corresponda. O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 DE XUÑO. Máis información no enlace: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/450

Sala Perseveira

Noraboa ao IES de Porto do Son e as persoas que se implicaron neste proxecto: A SALA PERSEVEIRA.

3/5/12

Centenario de Celso Emilio no IES Fontem Albei, Fonsagrada

Conferencia de Daniel Cassany

Bibliotecas escolares, cultura escrita y sociedad en red

Unha vídeo-conferencia de Daniel Cassany, do ano 2011, para a segunda edición do curso do CAEU da OEI Diplomatura de posgrado en Bibliotecas escolares, cultura escrita y sociedad en red.
 

2/5/12

Ler para aprender.

Alumnado mexicano da licenciatura de psicoloxía da UAEM traballa sobre a lectura para aprender. Estaría ben difundir este traballo polos centros universitarios do país e tamén polos CIFP e IES, aínda que nos nosos institutos vaise tendo xa conciencia na necesidade de ler.
 "El saber leer y la práctica de la lectura definen las condiciones del acceso a los conocimientos". "Sea cual sea la profesión que vayas a ejercer tendrás que leer montones de textos" Son dúas citas literais deste traballo, a segunda resulta especialmente interesante para os centros de Formación Profesional.