19/11/10

CARLOS NEGRO: A LECTURA DE POESÍA OU COMO ABRIR UN KINDER SORPRESA

A seguinte sesión do noso curso, adicada a análise de diferentes tipos de textos, estará a cargo do poeta Carlos Negro que é licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa e profesor de Ensino Secundario desde o curso 1996-1997.

Ten colaborado en numerosos cursos e obradoiros de carácter literario, especialmente do ámbito poético;e tamén ten compartido a súa experiencia como poeta e docente con diversos colectivos por toda Galicia: profesorado, asociacións culturais, clubes de lectura, bibliotecas escolares, etc.

Autor dun poemario dirixido especialmente a lectores adolescentes: Makinaria. que ten unha excelente guía de lectura, de Rosa Salgueiro, que eu atopei no blogue CADERNO DE LINGUA, do nos compañeiro Román Cerqueiro, e aquí vos deixo o enlace aínda que xa o tendes enlazado desde a nosa bitácora.

Outra vez Finlandia

Neste mesmo blogue (eu prefiro bitácora, me encanta) colguei hai tempo(entrada 10 (1)) unha presentación sobre Finlandia, FINLANDIA, e logo? que me pasara unha compañeira e que considero interesante revisar. Non hai que botarllo todo enriba á escola, ao ensino; é a sociedade non seu conxunto a que determina os resultados.

17/11/10

CRISTINA NOVOA

Non hai nin que dicilo: lectura e bibliotecas están directamente relacionadas. Un curso sobre lectura que non contara cunha persoa experta en Bibliotecas, estaría imcompleto. Nós contamos, en Galicia, con dúas das persoas máis competentes do estado no tema de Lectura e Bibliotecas Escolares: Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
A sesión deste xoves, 18 de novembro, estará a cargo de Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares dos Servicios Centrais da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
É unha persoa próxima, á que todos coñecemos, pero non é doado contar con ela para un curso, porque está moi solicitada desde todas partes.
O traballo que levan adiante Pilar e Cristina está moi valorado fóra; espero que tamén nós saibamos valorar o que temos.
Para esta sesión, Cristina pasoume uns documentos moi interesantes e útiles que podedes consultar ou descargar desde aquí:
MATERIAIS DE CRISTINA NOVOA

10/11/10

CONSUELO ALLUÉ

Estes días Consuelo falounos de PISA e de PIRLS. Xa podedes consultar desde aquí algúns enlaces coas probas liberadas e tamén unha presentación de Xosé Graña Carrodeguas que vos pode ser de utilidade. Podedes tamén acceder aos materiais BLITZ do departamento de educación do goberno de NAvarra.

III Xornadas de Lingua.


Paréceme de moito interese para todos nós a información que nos aportaron os relatores destas terceiras Xornadas de Lingua e que vos deixo aquí enlazadas para que ppoidades, tamén, consultalas ou descargalas e, sobre todo, tirarlles un bo proveito.

5/11/10

En paralelo: Bibliotecas Escolares.

Non é información sobre o curso pero tamén é interesante e pertinente. É lectura.
Os días 29 e 30 de outubro celebráronse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. O lema desta cita foi VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA.
Podedes acceder á información desde a páxina de Bibliotecas Escolares.

4/11/10

ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN LECTORA -1ª e 2ª sesións

O proceso lector: implicacións mentais. A lectura eficaz: estratexias do lector experto

Estas primeiras sesións estarán a cargo de Consuelo Allué Villanueva, doutora en Filoloxía Hispánica e asesora de Lengua y Literatura Castellana e Lengua e Literatura Vasca do Centro de Apoyo al Profesorado de Pamplona, Navarra.

Consuelo enviou xa gran cantidade de material e bibliografíasobre o tema que vai desenvolver no seu relatorio e que podedes consultar e descargar desde aquí:

Lago Chad

Qué hacemos con la lectura

Clij Valores

El gato con botas

Explora leyendo

Bibliografía

MATERIAIS DEVERSOS DE APOIO AO PROFESORADO:

Competencias

Exemplos de actividades lectoras

Estratexias

Leer y escribir

Nueve maneras de enseñar a los niños a odiar la lectura






ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN LECTORA

Este luns, día 8 de novembro, empezaremos o curso "ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN LECTORA". A través desta bitácora procurarei ir informando e colgando os materiais que me fagan chegar as relatoras e relatores do curso.
O profesorado que asistiu ao curso do ano pasado sobre PROXECTOS LECTORES ten xa este enlace e poderá tirarlle proveito, tamén, a esta nova actividade aínda que non poda participar como asistentes.
Para os novos visitantes deixarei aquí elazado un documento de Artur Noguerol (que se pode atopar na rede) que se titula: ESTRATEGIAS DE LECTURA PARA APRENDER e que ten moito que ver co tema que imos tratar.