19/11/09

Montserrat Uzal


Este mércores 18, tivemos connosco a Montserrat Uzal que nos comentou o proceso de elaboración e posta en marcha do Proxecto Lector de Centro do CEIP Figueroa e deixounos materiais do seu centro sobre a HORA DE LER, FORMACIÓN DE USUARIOS, EDUCACIÓN DOCUMENTAL e ACTIVIDADES DE PARTICIPACIÓN.

Novas de Julián Pascual


Escribiu Julián Pascual, manda recordos para todos e recomendanos visitar o centro virtual leer.es e o servicio de sol.es

17/11/09

Montserrat Uzal, CEIP Figueroa, A Estrada


O mércores día 18 de novembro teremos connosco, no curso, a Montserrat Uzal, responsable da Biblioteca Escolar do CEIP Figueroa.
Montse é diplomada na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela (Filolóxicas) en 1990. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago en 1997. Curso de Especialización en Lingua Galega. Curso de Lingua Inglesa para o profesorado de Inglés en Limerick no ano 2003.
Mandounos o guión da súa sesión para ir abrindo boca

16/11/09

MATERIAIS DE FILOMENA ALVES

Superadas, coido, as dificultades primeiras, tendes xa libre acceso aos enlaces e materiais do curso.
Filomena deixou as súas presentacións, dúas, para que puiderades baixalas ou consultalas.
A min parecéronme informacións de grande utilidade.

10/11/09

PROBLEMAS

Parece que non podedes descargar os documentos. Non sei a quen lle pasou, pero pensade que só estades invitados os asistentes do curso. Metereime con calma, a ver que pasa.
Boa noite e deica mañá.

Materiais de Pilar Sampedro

Pilar deixou para nós unha serie de documentos, sobre o que falou onte: LOE e Bibliotecas, Proxecto Lector, Plan Anual,lectores competentes, guía de recursos sobre o hábito lector, observación da comprensión lectora e educación documental.

FILOMENA ALVES

Literacia de informação
Conhecer, reflectir e debater as principais questões que se colocam hoje, no processo educativo nesta sociedade de informação e conhecimento e como é que a Biblioteca Escolar se situa, ou se deverá situar, nesse contexto.
Reflectir sobre a BE enquanto recurso do processo educativo no domínio das competências de literacia, designadamente no desenvolvimento, nos alunos, da capacidade de seleccionar informação e actuar criticamente perante a quantidade e diversidade de fundos e suportes à sua disposição; no desenvolvimento de métodos de estudo e de investigação autónoma.
Reflectir sobre o trabaho colaborativo e a relação da BE com o trabalho pedagógico, com o desenvolvimento curricular e com a implementação de um programa de Literacia de Informação na escola.
Bibliografia para os formandos:
Integracion del lenguaje y las TIC en el aula de classe. Declaracion de la Asociación Internacional de Lectura (IRA) Diciembre 2001
Sítios de referência, em Portugal: Plano nacional de leitura, Casa da Leitura e a páxina da Rede de Bibliotecas Escolares de Portugal.

EN MARCHA

Levamos xa un par de sesións do curso, pero non hai moita participación na bitácora. Tendes acceso aos enlaces? Están sendo interesantes as sesións? E os materiais?
Agardamos os vosos comentarios.

4/11/09

JULIÁN PASCUAL DIÉZ

Este xoves, 5 de novenbro, teremos a primeira sesión do Curso sobre a elaboración do Proxecto Lector de Centro impartida por D. Julián Pascual, profesor da EU de Maxisterio, Facultade de Ciencias da Educación e de Psicoloxía da Universidade de Oviedo en materias relacionadas coa didáctica da lingua e a literatura e especialmente, coa didáctica da lectura e escritura.
Sería interesante consultar algo do moito que leva publicado Julián Pascual sobre lectura.
Podedes consultar a presentación: PROYECTO DE LECTURA Y BIBLIOTECAS: UNA OPORTUNIDAD PARA LA MEJORA DE LA EDUCACIÓN LECTORA Y MUCHO MÁS.

BIBLIOTECA ESCOLAR: ESPAZO PARA LECTURAS

Pilar Sampedro,exerceu como docente en diferentes centros de Galicia e en Colombia, desde sempre relacionada coas Bibliotecas Escolares. Na actualidade traballa como Asesora de Bibliotecas Escolares do Servicio de Formación do Profesorado. Estará connosco o luns día 9 de novembro desenvolvendo o relatorio: Biblioteca Escolar, espazo para lecturas
Na páxina e Bitácora da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación - Xunta de Galicia podemos atopar información, enlaces e recursos que facilitan o noso traballo e unha canle de comunicación entre todos os que traballamos nas Bibliotecas Escolares.
Na páxina de Bibliotecas tamén podes atopar a presentación sobre o PROXECTO LECTOR DE CENTRO que enlazo eu aquí.