Na biblioteca do CAFI reuníronse as bibliotecas das tres seccións do desaparecido
CFR de Santiago. Dende hai tres anos o departamento (unipersoal) de
bibliotecas escolares vense ocupando da selección dos fondos
existentes, do imprescindible expurgo, da revisión da catalogación,
da organización dos materiais e da actualización da colección.
Queda aínda moito por facer, pero o esforzo non estaría xustificado
se non tivera repercusión entre os usuarios para os que traballamos.
A nosa intención é
formar unha biblioteca útil para o profesorado. Como o espazo físico
do que dispoñemos é moi limitado, e o mesmo se pode dicir do
orzamento, cómpre poñer especial atención na escolla dos materiais
e completar, no posible, esta oferta cunha boa selección de
recursos e contidos dixitais recollidos no pínterest e no scoop.it
do departamento.