Como se pode traballar en educación en Galicia obviando o papel das bibliotecas escolares?
No pasado mes de xullo (2015) saiu o número 62 da Revista Galega do Ensino, de Nova Escola Galega; un monográfico, oportuno e ben documentado, sobre Redes Sociais no Ensino coordinado por Adriana Gewerc Barujel, Ana Rodríguez-Groba e Fernando Fraga Varela, do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC.
Comeza coa noción, a posibilidade, a oportunidade das redes sociais no ámbito educativo. Presentan, pero non explican, a idea de prosumer, o individuo productor e consumidor de contidos en rede do que falou Tíscar Lara no 2102, nas IV
XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Mencionan o concepto de información líquida, da cultura 2.0 ou 3.0.

Repito: un número moi necesario, pero...
As bibliotecas escolares non se mencionan en todo o número.
Parecen esquecer (ou ignorar) o papel , imprescindible, das bibliotecas escolares na innovación metodolóxica, como centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe; para o acceso á información; no desenvolvemento de proxectos interdisciplinares; na adquisición da Alfabetización Informacional (ALFIN) ou Mediática e Informacional (AMI).
É boa mágoa un tal descoñecemento, por parte destes profesionais, da exemplar rede de bibliotecas escolares de Galicia e do magnífico labor que realizan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario