Ás bibliotecas escolares e aos seus responsables:super heroes, sen dúbida. Este vídeo que me chegou a través de Maria Jose Vitorino e do grupo A BE e as Novas Tecnologias
Está moi ben. Haille que dar difusión a este tipo de mensaxes e máis se son en inglés que pares que teñan máis razón.
Lembremos, por outra parte, que na Fonsagrada e no IES Fontem Albei xa hai tempo que o teñen moi claro e que fixeron un vídeo sobre o tema, algo máis realista, dentro da ironía.
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
12/10/13
4/10/13
Entre o día 22 de outubro e o 26 de novembro, celebraremos no CAFI de Santiago de Compostela o curso Biblioteca escolar. Educación documental II. Os proxectos documentais.
Presentaremos experiencias valiosas das nosas bibliotecas, contaremos con Rosa Piquín a través de videoconferencia e para titorizar a fase práctica na Aula Virtual e co profesor Francisco Campos Freire, membro do grupo de investigación Novosmedios, que falará sobre a Axenda Dixital Europea.
O prazo de inscrición en Fprofe remata o día 5 de outubro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)