19/9/12

Gramática Parda: 10 Propósitos para el nuevo curso.


A Asesoría de Bibliotecas Escolares difundiu o xoves día 13 de setembro, a través da rolda do PLAMBE,  esta presentación de  Aitor Lázpita:



Agradecementos á Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, que están en todo, e  a Aitor Lázpita.
Unha axuda para ese tempo de reflexión que todos precisamos e para animarnos a  revisar a nosa práctica docente.

17/9/12

Vídeos de libros

Teño en marcadores ou favoritos a páxina da AGE - Asociación Galega de Editores. De ca:ndo en vez fago unha visita e sempre atopo algo aproveitable. Estes días son vídeos de libros como este:

Joy of Books from DTan on Vimeo.

14/9/12

Os fantásticos libros voadores

Descubrín a través da páxina da Asociación Galega de Editores unha historia fantástica para grandes e pequenos.

The Fantastic Flying Books de Morris Lesmore, levou o Oscar  á mellor curta de animación no 2011. Unha historia de libros sen palabras, pero con moito sentimento e moitas ideas.

Tirádelle proveito:

11/9/12

Conferencia inagural

Conferencia Inaugural do "Congreso Iberoamericano de las Lenguas en la Educación y la Cultura", celebrado en Salamanca esta primeira semana de setembro de 2012, estivo a cargo do ex-presidente de Colombia Ernesto Samper co título de: "El futuro de la educación en el contexto de la globalización iberoamericana".
Aínda que eu non esperaba demasiado desta conferencia, confeso que fiquei sorprendida. Samper fixo un discurso breve, interesante e ameno, que enlazo aquí e recomendo.
Samper, que nun momento do seu discurso afirma que hai que "pensar na educación para pasar dunha democracia de electores a unha democracia de cidadáns", centra a súa conferencia nos desafíos fundamentais de Iberoamérica:
  • O desafío da competitividade no económico.
  • O desafío da equidade no social.
  • O desafío da gobernabilidade no político
  • O desafío da identidade no cultural.
 Non deixa de ser o discurso dun político, pero nestes tempos de palabras baleiras, de corrupción e manipulación da linguaxe é gratificante escoitar un político que fala ben e clariño e que ten algo que dicir. 

Día Internacional da Alfabetización



la lectora
O día  8 de setembro foi declarado pola UNESCO: DíaInternacional da Alfabetización.
Con respecto a ese tema queda aínda moito que reflexionar e consensuar e convídovos a ler o artigo: La alfabetización y la libertad, publicado o luns día 10 de setembro en  educ.ar, El portal educativo del Estado argentino.

Salamanca UniversityO venres día 7 de setembro, e dentro do CONGRESO IBEROAMERICANO DE LAS LENGUAS EN LA EDUCACIÓN Y EN LA CULTURA e IV CONGRESO LEER.ES, que se celebrou este ano en Salamanca,  asistía unha interesante mesa redonda:
El aprendizaje de la lectoescritura y la prevención del fracaso escolar: Alfabetización inicial, algo más que las primeras letras.
André Lazaro (Presidente Consejo Asesor Metas 2021), presentou a un grupo de especialistas de "recoñecido prestixio" que aportaron ciencia e experiencia, aínda que houbo algunha intervención pouco afortunada.
  • Pilar Pérez Esteve (Orientadora IES La Sènia, Paiporta)
  • Mirta Castedo (Univ. Nacional de la Plata) 
  • Teresa Colomer (Univ. Autónoma de Barcelona)
  • María Rodríguez Moneo (Directora del Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa, MECD) 


1/9/12

DEFORMACIÓN PROFESIONAL

Este verán pasei uns días en Florencia e  fun visitar a Galería dos Uffizi; alí atópei o retrato de Bia de Medicci e lembreime de Xosé Antonio Neira Cruz e do seu libro "O armiño dorme" que tanto me gustou...
A súa lectura será, en primeiro lugar, un pracer e tamén unha invitación para adentrarse na Florencia dos Medicci e no Renacemento.


Outro libro interesante, para rapaces maiores, é “A Cidade das Flores” do portugués Augusto Abelaira. Un grupo de mozos que loita polos seus ideais e coas súas contradicións na Florencia controlada polo goberno  fascista de Mussolini.






Películas rodadas en Florencia.
  • Té con Mussolini ( 1999 ), unha película de Franco Zeffirelli, situada en Florencia durante a segunda guerra mundial.

  • Hannibal (2001), dirixida por Ridley Scott, con Anthony Hopkins e Julian Moore.
    Paisà de Roberto Rossellini, a segunda película da Triloxía Neorrealista, que se inicia con ‘Roma, cidade aberta’ e remata con ‘Alemaña, ano cero’ , é unha auténtica obra de arte, terriblemente dura.
    Esta película non se centra unicamente en Florencia, aínda que ten escenas rodadas na cidade e concretamente nos fermosos Xardíns de Boboli.