29/10/09

Mª FILOMENA ALVES.

Mª Filomena Rocha Alves, é unha profesora de Braga, Portugal, licenciada en linguas modernas e Post-graduado en Gestão da Informação e Bibliotecas Escolares pela Universidade Aberta.
Formadora acreditada polo consello científico para a formación de profesores na área das bibliotecas escolares.
O mércores 11 de novembro estará en Santiago, no IES de Fontiñas co relatorio "De Alexandria a Silicon Valley" sobre Literacia de informação, dentro do curso: "Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura - II"
Pasounos unha chea de enlaces que nos poden ser de utilidade:
"Se os colegas quiserem ir vendo já algumas coisas, relembro :
http://www.rbe.min-edu.pt/http://www.planonacionaldeleitura.gov.pt/index1.php?cxnmbr228500247http://www.casadaleitura.org/ também é interessante este video da entrevista a Wendy Griswold (Northwestern University, EUA) na conferência do PNL http://www.planonacionaldeleitura.gov.pt/pnltv/index.php?idVideo=44&idTipoVideo=3 e este da entrevista a Scott Murray (Universidade de New Brunswick, Canadá)http://www.planonacionaldeleitura.gov.pt/pnltv/index.php?idVideo=35&idTipoVideo=3 aqui encontram alguns dos estudos realizados em Portugal pelo PNL http://www.planonacionaldeleitura.gov.pt/PNLEstudos/ mais ligado ao tema das literacias, na página Rede bibliotecas escolares surge este documento importante como ponto de partida para nos posicionarmos relativamente ao paradigma de escola:http://www.rbe.min-edu.pt/np4/?newsId=125&fileName=paradigma_literacia.pdf "

15/10/09

CPI S. Vicente - A Baña


O CPI S.Vicente de A Baña, é un dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares na 2ª convocatoria (2006) Plambe_2.
O blog da súa Biblioteca obtivo o premio PLANETA LECTOR no III Certamen Espiral Edublogs.
Teñen un Proxecto Lector de Centro en marcha do que nos falará Mar Sueiro, a responsable de Biblioteca do centro.
E o seu Club de Lectura "Ars legendi" é un dos máis activos.


14/10/09

IES MARQUES DE SUANCES

O IES Marqués de Suanzes de Ferrol é parte doPLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) desde a primeira convocatoria no 2005.
Foi un centros educativos galardoados no Concurso Nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares no ano 2007.
Juan Manuel Casal Mera, responsable da Biblioteca, contará a experiencia do seu centro á hora de elaborar o PROXECTO LECTOR DE CENTRO.

13/10/09

CEIP CONDESA DE FENOSA


Un dos relatores do curso será Xoaquín C. Feijeiro, responsable da Biblioteca Escolar do Ceip Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras, Ourense. É moi instructivo e moi motivador dar unha volta pola páxina e polo Blog da Biblioteca
Forma parte do PLAMBE desde o ano 2007.
Ben me gustaría poñer máis fotos, pero non é de recibo andar a roubarlles imaxes.

8/10/09

Curso:Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura - II

Empezamos o día 5 de novembro un novo curso de Bibliotecas Escolares do CFR de Santiago de Compostela, dentro do plan de formación do profesorado do curso 2009-2010.
Espero que esta bitácora sexa de utilidade para comunicarnos.
Aquí poderemos colgar materiais, enlaces e información de utilidade.
De momento pódovos ofertar algo de bibliografía e algúns enlaces interesantes.
Vémonos no curso.