26/2/14

ELOS: REVISTA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Nun contexto de Literatura Infantil e Xuvenil de tan alta calidade como o que temos en Galicia bótanse de menos análises académicas, reflexións teóricas de peso.


 
No ano 2006 a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edita a GUÍA : EU LEO PORQUE ME PETA, dentro da campaña de lectura que tiña por lema HORA DE LER, con textos do colectivo Acatrotintas formado por Mayte Leis, Cristina Novoa, Magdalena de Rojas e Juana Vázquez. Nesta guía as autoras fan unha reflexión seria e ben fundamentada sobre o libro, a lectura e os contos; aportan tamén bibliografía, webgrafía e propostas de traballo.
 
En decembro de 2008 Isabel Mociño González publica no blogue Crítica literaria da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega o artigo: “Novos modos de análise. Investigación” sobre a presencia da LIX no ámbito da investigación académica, no que fai unha reflexión moi interesante sobre o tema:
"En canto á bibliografía significativa é aínda insuficiente, pois obsérvase que as obras canonizadoras por excelencia (historias literarias, dicionarios, antoloxías, etc.) son moi contadas".
Hoxe podemos atopar na rede espazos de moita calidade sobre literatura infantil e xuvenil, na maioría recóllense informacións sobre novas publicacións, reseñas e comentarios.

Necesitamos algo como El jardín secreto, un artigo de Ana Garralón para un monográfico sobre libros para a infancia na revista Letras Libres.
Los niños rápidamente aprenden a distinguir el lenguaje coloquial del lenguaje literario. El libro es una realidad física, un delicado objeto lleno de promesas en cuyas páginas hay un jardín secreto".
Ana Garralón recupera a Bruno Bettelheim e o Psicoanálisis de los cuentos de hadas, para definir como a psique dos cativos se verá influída polos marabillosos mundos dos contos. E como, por medio dos contos populares, os pequenos aprenden a afrontar a súa evolución física, psíquica e intelectual e a incorporarse á sociedade.
 
Neste momento anúnciase o nacemento de ELOS, Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, unha publicación científica de periodicidade anual editada polo Grupo de Investigación LITER21 da Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega-Universidade de Santiago de Compostela. Espero con interese que a nova revista veña encher este baleiro.

A revista ofrécese en galego, castelán, portugués e inglés. Como o Catálogo de literatura infantil e xuvenil, editado pola Xunta de Galicia tamén en inglés. Por que non en catalán ou eusquera? É máis oficial ou máis próximo o inglés? Xa non digo o portugués que, aínda que extranxeiro, está xa no xerme da iniciativa na Asociación galego portuguesa de investigación en literatura infantil e xuvenil. 

1/2/14

A descrición

Unha presentación atractiva con pautas para axudar a facer textos descritivos.
Atopado en faccebook a través de Anxos Rial Vidal   e de  O Segrel Do Penedo