23/9/17

MARÍA ACASO: ESTO NO SON LAS TORRES GEMELAS ou a necesaria inclusión da Alfabetización Informacional, Mediática e Audiovisual.

Esto non son as Torres Xemelgas” un libro de María Acaso e unha recomendación de Rosa Piquín nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) 1916/17.
Con este título a autora xoga a enfrontar a realidade coa imaxe da realidade: non, non son as torres. É unha imaxe das torres.
Imaxe gratuíta de Pixabay
Pixabay, OpenClipart-Vectors


No texto se presenta o concepto de “hiperrealidade” coma o conxunto de imaxes que compón unha segunda realidade e que pode ter máis transcendecia na nosa vida que a verdadeira.
Pregúntase por que, sendo a información de carácter visual a que máis consume o cidadán occidental, non se pon interese ningún na Alfabetización Audiovisual. Porque non interesa que o consumidor saiba ler as imaxes, conclúe a propia autora.
Fálanos María Acaso do poder da imaxe; das características e obxectivos da cultura visual.
A TV, ou os medios audiovisuais, teñen como obxectivo impedir o desenvolvemento coñecemento propio e modelar a identidade do individuo en base a un ideal de vida estereotipado transmitido a través dunha metanarrativa audiovisual que nos non somos quen de ler, pero que determina o noso xeito de ver o mundo e a nós mesmos. Esta metanarrativa ten como finalidade xerar unha variedade de medos, que se definen no libro, en beneficio do poder económico, político ou relixioso
Por último a autora nos invita a sospeitar e nos da as claves de como facelo. 
Se, como afirma Acaso citando a Derrida, calquera produto creado polo ser humano é un texto posto que ten significado para quen o ve, o único xeito de formar persoas, cidadáns, críticos e responsables é educar nun contexto de multialfabetización. 

Pixabay-geralt

A alfabetización informacional, mediática e audiovisual facultará ao alumnado para acadar unha visión crítica e construir a súa identidade.
Cando se deseñan actividades de formación no audiovisual desde as TIC e non desde a biblioteca podemos caer no erro de centrarnos na ferramenta e non na alfabetización.
No noso país hai valiosas experiencias entre as que  me interesa mencionar o caso de Aturuxo Films, un programa serio e ben estructurado de Alfabetización Audiovisual.