![]() |
photo credit: the
bbp via
|
Este texto, esta pequena historia de libros, é parte de "Histoires pressées", un libro do escritor francés, Bernard Friot, formado por 36 historias moi curtas, absurdas paradoxas cheas de humor e fantasía.
AGORA UNHA HISTORIA TRÁXICA

- dar Escuse información me podería señor unha vostede?
- Desculpe, non podo entender o que me di- respondeu tamén con moita educación o veciño fracucho.
- Ai, ho, se é certo -dixo o libro gordo e vermello cunha miga de menosprezo-. Esquecera que vostede non é máis ca unha pequena novela e que non sabe falar coma nós, os dicionarios, por orde alfabética!
- Conque un dicionario -bradou a novela alporizada-. E podolle preguntar, meu señor dicionario, que fai vostede nunha historia? As historias están reservadas para nós, as novelas.
Certamente vexado, o gordo dicionario vermello, debruzouse con todo o seu peso sobre a pequena novela fraca e esvaída
- ¡Cala cretino de especie! -di - as dicionarios historias inventar máis os poden sanguentas, che unha vai Velaí!
No hay comentarios:
Publicar un comentario