26/12/12

Proxecto INCLUD-ED en Cuadernos de pedagogía

 
O  número 429 da revista Cuadernosde pedagogía, decembro 2012 ven sendo un monográfico sobre o proxecto INCLUD-ED . Strategies for inclusion and Social Cohesion in Europe from Education. Unha investigación sobre o fracaso escolar que aporta interesantes propostas de solución.
 
Baixo o título xeral de Claves para conseguir el éxito educativo e coordinado polo Centro de Investigación en Teorías e Prácticas Superadoras de Desigualdades (CREA), inclúe artigos sobre o proxecto, os agrupamentos, estratexias metodolóxicas innovadoras e inclusivas, participación das familias, apertura do centro educativo:

  • Valls Carol, R. e Mulcahy, C. no artigo El proyecto INCLUD-ED, presentan o proxecto, os seus obxectivos, estructura e metodoloxía. (pp 14-16)
  • Ojala, M. e Padrós, M. amosan en Actuaciones educativas de éxito, universales y transferibles, as claves das estratexias que melloran a aprendizaxe e a cohesión social en base a agrupamentos heteroxéneos. (pp 18-19)
  • Duque, E.; Holland, Ch. E Rodríguez, J. no artigo Mixture, streaming e inclusión: tres formas de agrupar al alumnado, informan de que as conclusións da investigación evidencian que a inclusión ou traballo en grupos heteroxéneos é o tipo de agrupamento que máis favorece a aprendizaxe instrumental e emocional e, xa que logo, a calidade educativa. (pp 28-30)
  • Racionero, S. e Brown, M. presentan no artigo Lectura en más espacios y con más personas, dúas experiencias de lectura en Cataluña e Malta semellantes aos nosos clubs de lectura. (pp 37-39)
  • Tamén inclúe unha entrevista a Ramón Flecha catedrático de socioloxía da Universidade de Barcelona e investigador principal do proxecto integrado europeo INCLUD-ED
    http://educacion-orcasur.blogspot.com.es/2010/02/entrevista-ramon-flecha-en-te-digital.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario