
“Quenquera que fose estaba saqueando Galicia e toda a riqueza artística que, durante séculos, a propia Historia, esa procesión de poderosos, artistas, meretrices, humildes e ladróns, fora acumulando por todas partes. Riquezas pagadas con foros e rendas de millo, labradas coa suor dos devanceiros de todos eles. Arte que era, no fondo, a riqueza permanente, eterna, dun país.”
![]() |
Costa da Morte de Porto do Son a Malpica |
![]() |
Illas Lobeiras, baleeira de Caneliñas (Gures), Monte Pindo, Corcubión. |
![]() |
Desde Porto do Son asexa o predador: |
Gran coñecedor da nosa xeografía e o noso patrimonio escribe unha historia posible cunha prosa tan natural, tan deliberadamente coloquial, que temos a sensación de estar a escoitar unha conversa ou un sucedido. Movémonos por paisaxes coñecidas e ficticias, recoñecemos os retablos barrocos, as santiñas, os cruceiros e petos das ánimas. Entre estes xenéricos, Gago mete, de cando en vez, un cameo real coma Michel Colombe ou o cristo románico da igrexa de S. Salvador de Celanova.
O conde de Traba e Xelmirez, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso, rei de Galicia. María Estuardo, D. Xoán de Austria e a guerra de Flandes, as xuderías de Ribadavia e Pontevedra, o pirata Drake, os Fuxidos do Pindo... a historia. A HISTORIA, que cobra vida nesta novela e forma parte do argumento e lle empresta, á ficción, a verosimilitude dos datos históricos.
É unha novela ben armada e amena. Unha novela que, como os grandes da literatura, abre as portas á curiosidade, ao coñecemento, ao recoñecemento da nosa cultura e, sempre, a outras lecturas.
Ler este libro co noso alumnado, contar con Manuel Gago
(e logo non?), remexer na historia, na cultura, no patrimonio con eles paréceme unha actividade útil e divertida.