
Rematando o 2015, o fenómeno BookTube xa está aquí; os rapaces e
rapazas lectores teñen unha vida social moi activa e influencia na
rede. Manexan diversas linguaxes, multialfabetismos, e utilizan as
posibilidades que lles facilita a rede para crear contidos e
compartilos
O sistema educativo
aínda non o considera, pero hai editoriais que se implican, algunhas
canles xa teñen empresas patrocinadoras, anunciantes... Editoras e
autores apoian e aproveitan estas novas vías de difusión.
É interesante este
artigo de Luciana Monteblanco, que me pasou Nacho Rodiño: Comunidades en red en la Sociedad de la Información: informan, comunican, conectan. El fenómeno Booktube.
Cal é o papel do profesorado como formador de lectores, introductores no mundo da literatura? Temos aínda algo que aportar na formación do lector literario?