Remata o día 30 de outubro, o prazo de
inscrición no curso S1501042
Biblioteca escolar, centro de recursos da información. Nivel II. V15
(https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66804
).
O curso consta de 6 sesións presenciais que se celebrarán na
aula 11 do CAFI de 18:00 a 21:00.
Cristina
Novoa (http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/,
https://www.pinterest.com/pin/427842033329269443/
) falará do modelo de biblioteca escolar do século XXI, conceptos
ALFIN e AMI e Proxecto Lector de Centro.
Contaremos tamén con Begoña López Soto (IES
Fernando Esquío de Neda) para falar sobre a xestión
informatizada das bibliotecas escolares.
Isabel Vázquez Rosales
(CEIP de
Quintela), Ana Seco Orosa (IES
Sofía Casanova), Aurora Ramilo (CEIP
de Leirado) e Santiago Dans (IES
Poeta Díaz Castro) compartiran experiencias en relación ás
programacións e á aplicación de estratexias ALFIN no
desenvolvemento de proxectos.