Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
Levo tempo pensando en redactar unha entrada sobre a revista LUZES, pero, sempre que me poño a pensar en como facelo ou que dicir, teño a sensación de estar a facer un anuncio publicitario.
‘Luzes’ brilla en su estreno, titulaba El PAÍS o 13 de decembro de 2013 e Praza Pública celebraba o
Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do
xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal
como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban.
O que si vos podo asegurar, a quen non a vira é que é unha publicación preciosa, realmente fermosa. E tamén que resulta doada de ler: é amena, variada e interesante. Por agora manteñen unha alta calidade nos artigos asinados por boas e bos profesionais e alternando unha gran variedade de temas.
Por se non fora abondo é unha revista galega, en galego e de calidade; hai tan pouco do que botar man que non nos podemos permitir o luxo de deixar caer esta magnífica publicación. Parabéns e boa sorte LUZES.