
O proxecto “m-TIC.Programando aplicaciones con APP INVENTOR”, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, resultou premiado, na modalidade 'A : Proyectos de utilización de las TIC en la docencia', nos Premios Nacionales de Educación no ensino non universitaria para o ano 2013. O Premio correspóndese co uso das TIC como apoio á personalización da aprendizaxe en Educación Secundaria.
Ao
CEIP de Louro, Muros, concedéuselle o PremioNacional de Alfabetización Audiovisual polo seu Proxecto sobre O Cine. O premio foi convocado
polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e
premiábase un Centro por cada categoría.
Centros galegos premiados no I PREMIO NACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA DE LA FUNDACIÓN GSD:
Modalidade 1:
1º premio: Doña Emilia en Femenino plural (ID 52). Centro: IES de Sabón (Arteixo, A Coruña)
3º premio: Barxas Emprende: Productora Audiovisual (ID 23). Centro: IES As Barxas (Moaña, Pontevedra)
Modalidade 2:
2º Premio: Encuentros multiculturales (ID 67). Centro: IES A Cachada- ONGD Contacto- Boiro (A Coruña).
Meción honorífica: Aumentando la Realidad. Estudio de las posibilidades didácticas de la realidad aumentada aplicada a la historia (ID 92). Centro: CEIP Ponte Dos Brozos- (Arteixo, A Coruña)
Parabéns para estes centros. E parabéns ao ensino público galego, vangarda da innovación no Estado.