Hoxe dedico o día á última entrada do blogue de Román Landín: CADERNO DE LINGUA sobre os textos argumentativos. No facebook, o meu pensamento do día foi para unha entrada do blogue Has de cantar. E a miña entrada de hoxe é para incrustar unha presentación de Rosa Salgueiro, que mantén o blogue Na punta da lingua, recomendado tamén por Román na mesma entrada súa. Se non temos nada novo que ofertar, debemos difundir o interesante traballo das compañeiras e compañeiros, xenerosamnete exposto na rede para a mellora da calidade educativa, da que tanto falamos.
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
30/3/13
27/3/13
27 de marzo: DÍA MUNDIAL DO TEATRO
O día Mundial do Teatro estableceuse en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por un persoeiro de prestixio no mundo do teatro.
Este ano corrrespondeulle ao dramaturo italiano, premio Nobel de literatura, Dario Fo:
Mensaxe de Darío Fo

Os dirixentes, polo tanto, xa non están preocupados por controlaren a aqueles que os citan con ironía e sarcasmo, xa que non hai sitio para os actores, nin hai un público ao que se dirixir.
Pola contra, durante o Renacemento, en Italia, os que gobernaban, tiveron que facer un esforzo importante para manteren a raia aos Comediantes, pois reunían abondoso público.
Sábese que o grande éxodo de actores da Commedia dell'Arte tivo lugar no século da Contrarreforma, cando se decretou o desmantelamento de todos os espazos teatrais, especialmente en Roma, onde foron acusados de ofenderen á cidade santa. En 1697, o Papa Inocente XII, baixo a presión de insistentes requirimentos do sector máis conservador da burguesía e dos máximos expoñentes do clero, ordenou a eliminación do Teatro Tordinona que, segundo os moralistas, dera acubillo ao meirande número de representacións obscenas.
Na época da Contrarreforma, o cardenal Carlos Borromeo, que estivo activo no norte de Italia, consagrouse á redención dos 'nenos milaneses', establecendo unha nidia distinción entre a arte, como máxima expresión da educación espiritual, e o teatro, coma manifestación do profano e do vaidoso. Nunha carta dirixida aos seus colaboradores, que cito de memoria, exprésase máis ou menos así: "Os que estamos a prol da erradicación das malas herbas, fixemos o posible por queimar textos que conteñen discursos infames, para extirpalos da memoria dos homes, e ao mesmo tempo perseguir a todos aqueles que divulgan eses textos impresos. Evidentemente, porén, mentres durmiamos, o diaño maquinou con renovada astucia. Ata que punto é máis punzante na alma o que os ollos poden ver que o que poidan ler dos libros dese xénero! Ata que punto máis devastadora para as mentes dos adolescentes e dos nenos é a palabra falada e o xesto apropiado, que unha palabra morta impresa nun libro! Polo tanto é urxente sacarmos ás xentes do teatro e das nosas cidades, como o facemos coas almas indesexables."
Polo tanto, a única solución á crise baséase na esperanza de que se organice unha gran caza de bruxas contra todos nosoutros e especialmente contra a xente moza que desexa aprender a arte do teatro: unha nova diáspora de Comediantes que, dende tal imposición, sen lugar a dúbidas, provocará beneficios inimaxinables para o ben dunha nova representación."
*versión en galego feita pola Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia
Texto e moito máis en Rede Nasa.
No curso da ceremonia dos Premios María Casares, o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega , Cesáreo Sánchez Iglesias, fará a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.
LIGAZÓNS DE INTERESE
- INFORMACIÓN SOBRE TEXTOS DE TEATRO PARA INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA NA PÁXINA : BLIX - Biblioteca de literatura infantil e xuvenil http://www.filix.org/xteatroA.html
- http://www.scoop.it/t/lectura-e-bibliotecas-escolares
- http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/letrasgalegas/teatro.htm
- http://www.ciedelanus.com.ar/docs/normas/012%20Documentos%20Curriculares/Diseno%20Curricular%20Educacion%20Primaria%201y2%20Ciclo/art13.pdf
- http://www.teatrogalego.com/
- http://www.elefanteelegante.net/
- http://www.titerescachirulo.com/gl/
- http://www.trompicallo.com/g/inicio.htm
- http://redenasa.tv/
- Circo: http://www.pistacatro.com/
Valle: http://www.flickr.com/photos/13774852@N00/965704527/ ,
Dario Fo: http://www.flickr.com/photos/47021817@N02/5520132849/
Teatro: http://www.flickr.com/photos/archer10/5149585364/
15/3/13
Tnforme sobre a desigualdade da fundación ALTERNATIVAS

Etiquetas:
desigualdade,
Fundación Alternativas,
informe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)