Enrique Roca, exdirector do Instituto de Avaliación e asesor da OEI (Organización de Estados Iberoamericanos organismo internacional intergubernamental especializado en educación, ciencia e cultura) publica un interesante artigo no número3.968 da revista ESCUELA (xaneiro 2013).
As e os docentes, competentes e comprometidos, presionados (mesmo cuestionados) polos resultados PISA e PIRLS deben ler este texto no que se informa que "Nos niveis socioeconómicos máis modestos (...) os alumnos españois obteñen mellores resultados que o promedio OCDE". É nos estatus socioeconómicos máis favorables onde o sistema educativo español obtén peores resultados.
Conclúe Roca que "As sucesivas edicións de PISA confirman que os sistemas educativos de máis elevado rendimento son tamén os máis equitativos. Os sistemas educativos son excelentes cando garanten os mellores resultados á maioría do alumnado, e as diferencias son pequenas, ou o que é o mesmo, cando tamén son equitativos"
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
27/1/13
EXCELENCIA=EQUIDADE
Etiquetas:
Educación,
Enrique Roca,
equidade,
excelencia,
OEI,
Pirls,
Pisa,
Revista ESCUELA
15/1/13
As bibliotecas escolares na Revista Galega de Educación

O blogue de GALIX publicou, en maio de 2011, unha entrada analizando o número.
13/1/13
Videoxogos e educación.
Nas IV Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, celebradas en Santiago de Compostela en novembro de 2012, co lema LER PARA VER, destinamos unha sesión aos videoxogos a cargo das profesoras Marian Moreno Llaneza, do CPR de Avilés (Asturias) e Isidora Gil, do IES de Celanova, Ourense.
Outra proba do papel das bibliotecas escolares nos procesos de innovación e a calidade educactivas.
Xurxo Mariño, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fala neste vídeo sobre os efectos dos videoxogos nas capacidades cognitivas.
Remitímonos, coa revista ESCUELA, ao proxecto IMAGINE, financiado pola Comisión Europea e desenvolvido no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente nos anos 2009 e 2010 no que se conclúe que " cada vez existen máis probas da eficacia dos xogos: promoven a aprendizaxe activa, facilitan o ensino personalizado, proporcionan retroalimentación inmediata, desenvolven novos xeitos de comprensión, permiten un maior nivel de retención e aumentan a motivación".
A páxina Memoria Pixelada é a primeira web acerca de videoxogos en galego recolle novas, analiza videoxogos, ten enlaces e descargas.
Outros enleces sobre videoxogos:
http://botons.eu/2011/11/29/o-videoxogo-e-a-nova-narrativa/
http://revista.mundo-r.com/contido/videoxogos-con-selo-galego
http://educaciondixital.as-pg.com/aprende/unha-nova-percepcion-dos-videoxogos
http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=120

No seu último número a revista presenta un artigo asinado por Daniel
Vila: “ La
importancia de los videojuegos” no que o autor da conta dunha conferencia celebrada en Madrid, dentro
das actividades da iniciativa CaféCREA, promovida por
Santillana, a cargo de Begoña Gros Salvat, doctora en pedagoxía e
profesora da Universidade de Barcelona. A doctora Gros, que é
investigadora principal do grupo de investigación EMA (Seminaris de
recerca sobre entorns i materials per a l’aprenentatge online),
afirmou na súa conferencia que
o videoxogo “ é unha linguaxe multimedia que alimenta a
alfabetización múltiple e axuda a desenvolverse nun sistema
complexo, sendo, como é, unha contorna de múltiples variables”.

A páxina Memoria Pixelada é a primeira web acerca de videoxogos en galego recolle novas, analiza videoxogos, ten enlaces e descargas.
Outros enleces sobre videoxogos:
http://botons.eu/2011/11/29/o-videoxogo-e-a-nova-narrativa/
http://revista.mundo-r.com/contido/videoxogos-con-selo-galego
http://educaciondixital.as-pg.com/aprende/unha-nova-percepcion-dos-videoxogos
http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=120
Etiquetas:
Biblioteca Escolar,
Educación,
videoxogos
11/1/13
Secuencia didáctica
Atopei esta presentación no blogue PORTAFOLIO DE PROFES. Non é un concepto novo, aínda que, tan apegados como estamos ao libro de texto, pode ser que non teña moita presencia nas programacións de aula.
Etiquetas:
Educación,
formación,
programación.,
secuencia didáctica
4/1/13
Por reis: un agasallo de Daniel Cassany
"SABEMOS LEER EN LA RED?"
Este artigo que Daniel Cassany pon a nosa disposición é un agasallo. Un texto claro e sinxelo sobre a lectura en rede que se pode descargar gratuitamente da rede na páxina Investigación y Ciencia, edición española de SCIENTIFIC AMERICAN.

Daniel Cassany,
Investigación y ciencia.,
lectura dixital
Suscribirse a:
Entradas (Atom)