Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
19/9/12
Gramática Parda: 10 Propósitos para el nuevo curso.
A Asesoría de Bibliotecas Escolares difundiu o xoves día 13 de setembro, a través da rolda do PLAMBE, esta presentación de Aitor Lázpita:
Agradecementos á Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, que están en todo, e a Aitor Lázpita.
Unha axuda para ese tempo de reflexión que todos precisamos e para animarnos a revisar a nosa práctica docente.
Etiquetas:
Aitor Lázpita,
Educación,
libros de texto,
proxectos
17/9/12
Vídeos de libros
Teño en marcadores ou favoritos a páxina da AGE - Asociación Galega de Editores. De ca:ndo en vez fago unha visita e sempre atopo algo aproveitable. Estes días son vídeos de libros como este:
Joy of Books from DTan on Vimeo.
Etiquetas:
AGE,
Asocoación Galega de Editores,
lectura,
libros,
vídeos
14/9/12
Os fantásticos libros voadores
Descubrín a través da páxina da Asociación Galega de Editores unha historia fantástica para grandes e pequenos.
The Fantastic Flying Books de Morris Lesmore, levou o Oscar á mellor curta de animación no 2011. Unha historia de libros sen palabras, pero con moito sentimento e moitas ideas.
Tirádelle proveito:
Etiquetas:
curtametraxe,
curtas,
lectura,
libros,
Morris Lesmore,
premios Oscar,
The Fantastic Flying Books
11/9/12
Conferencia inagural
Conferencia Inaugural do "Congreso Iberoamericano de las Lenguas en
la Educación y la Cultura", celebrado en Salamanca esta primeira semana de setembro de 2012, estivo a cargo do ex-presidente de Colombia Ernesto Samper co título de: "El futuro de la educación en el contexto de la globalización iberoamericana".
Aínda que eu non esperaba demasiado desta conferencia, confeso que fiquei sorprendida. Samper fixo un discurso breve, interesante e ameno, que enlazo aquí e recomendo.
Samper, que nun momento do seu discurso afirma que hai que "pensar na educación para pasar dunha democracia de electores a unha democracia de cidadáns", centra a súa conferencia nos desafíos fundamentais de Iberoamérica:
Samper, que nun momento do seu discurso afirma que hai que "pensar na educación para pasar dunha democracia de electores a unha democracia de cidadáns", centra a súa conferencia nos desafíos fundamentais de Iberoamérica:
- O desafío da competitividade no económico.
- O desafío da equidade no social.
- O desafío da gobernabilidade no político
- O desafío da identidade no cultural.
Día Internacional da Alfabetización

O día 8 de setembro foi declarado pola UNESCO: DíaInternacional da Alfabetización.
Con respecto a ese tema queda aínda moito que reflexionar e consensuar e convídovos a ler o artigo: La alfabetización y la libertad, publicado o luns día 10 de setembro en educ.ar, El portal educativo del Estado argentino.

El aprendizaje de la lectoescritura y la prevención del fracaso escolar: Alfabetización inicial, algo más que las primeras letras.
André Lazaro (Presidente Consejo Asesor Metas 2021), presentou a un grupo de especialistas de "recoñecido prestixio" que aportaron ciencia e experiencia, aínda que houbo algunha intervención pouco afortunada.
- Pilar Pérez Esteve (Orientadora IES La Sènia, Paiporta)
- Mirta Castedo (Univ. Nacional de la Plata)
- Teresa Colomer (Univ. Autónoma de Barcelona)
- María Rodríguez Moneo (Directora del Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa, MECD)
1/9/12
DEFORMACIÓN PROFESIONAL

A súa lectura será, en primeiro lugar, un pracer e tamén unha invitación para adentrarse na Florencia dos Medicci e no Renacemento.

Películas
rodadas en Florencia.
- Té con Mussolini ( 1999 ), unha película de Franco Zeffirelli, situada en Florencia durante a segunda guerra mundial.
- El misterio de la villa (2000): adaptación da novela de William Somerset Maugham , dirixida por Philip Haas
- Hannibal (2001), dirixida por Ridley Scott, con Anthony Hopkins e Julian Moore.‘Paisà’ de Roberto Rossellini, a segunda película da Triloxía Neorrealista, que se inicia con ‘Roma, cidade aberta’ e remata con ‘Alemaña, ano cero’ , é unha auténtica obra de arte, terriblemente dura.Esta película non se centra unicamente en Florencia, aínda que ten escenas rodadas na cidade e concretamente nos fermosos Xardíns de Boboli.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)