A seca. Praia de Cabeiro. from SonCine on Vimeo.
Esta bitácora quere ser unha fiestra de comunicación, onde compartir informacións e opinións sobre unha actividade común. Lembrade que os comentarios, mesmo as críticas, axudan a construir
5/7/11
11/6/11
Entrevista a Antoni Zabala: ensino por competencias.
Permitireime facer unha traducción (moi libre) e un estracto (aínda máis libre), do punto: "O saber escolar ao servicio do saber universitario", na idea clave 1, páx: 22 no libro de Antoni Zabala e Laia Arnau "11 ideas clave: cómo aprender y enseñar competencias"
[...] a concepción do sistema escolar como un percorrido de superación se etapas sucesivas condicionadas, cada unha delas, polas demandas da etapa superior [...] é, finalmente, o instrumento para a superación das probas de acceso á universidade"
Tamén vos podería interesar este traballo colaborativo: "Como trabajar los contenidos procedimentales en le aula" que está en google.books
7/6/11
Proxectos TIL, de Paco Díaz
2/6/11
Competencia en Comunicación Lingüística. Ana Basterra
31/5/11
Escolma de textos sobre países árabes
Haberá moita máis literatura e, ben cho sei, moita máis información. Espero que vos sexa de utilidade para empezar.
Hai un libro do que teño que poñer algo, aínda que non está situado nos países árabes, porque si, porque me peta, porque quero e dame a gana... "Harum y el mar de las historias" de Salman Rushdie
21/5/11
19/5/11
+ Educacion Documental
11/5/11
Máis sobre EDUCACIÓN DOCUMENTAL

O Proyecto de lectura para centros escolares (PLEC) é unha sección do Servicio de Orientación de Lectura (SOL) onde podedes atopar unha entrada: "La educación documental: sistemas de organización de la documentación", con información sobre o tema que nos ocupa, dirixida, en concreto ao bacherelato..
10/5/11
Escatumbararibe
Escatumbararibê
Zum Zum Zum
Escatumbararibê
Escatumbararibê
Escatumbatinga
Auê sarubê abá
Escatumbararibê
Escatumbatinga.
2/5/11
Por favor, compartídeo, espalládeo
27/4/11
Proxecto Interdiciplinar, Educación Documental, Proxectos de Investigación.,
Presentación da Consellería de Educación.
Para ir facendo boca e ideas déixo aquí este vídeo e estes enlaces:
- IES Rio Cabe de Monforte de Lemos
- IES Maximino Romero Lema de Baio
Treball de recerca
Tot l'alumnat ha de fer un treball de recerca. Aquest treball, que ha de contribuir decisivament a assolir la competència en recerca, es computa entre les matèries de segon curs.
Hai tamén traballos sobre Educación Documental na rede, moito traballo teórico, publicacións moi interesantes,... pero non debemos esquecer que nós levamos moito feito moi interesante e moi práctico.
- GUÍA PRÁCTICA PARA EL DESARROLLO Y DINAMIZACIÓN DE LA BIBLIOTECA EN SECUNDARIA de Elena Yagüez (Ministerio de Educación)
- PROPUESTAS DIDÁCTICAS PARA EL DESARROLLO DE LA EDUCACIÓN DOCUMENTAL EN SECUNDARIA de Teresa Mañà y Mònica Baró.
25/4/11
25 de ABRIL, e ...
Hoxe é 25 de abril, aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal.
Antonte foi 23 de abril, Dia do Libro.
Coñecedes "Vinte Cinco a Sete Vozes" ?, é un libro de Alice Vieira, xa ten anos, sobre o sentido que ten esta data para sete persoas de idades e condicións diferentes.
Coido que non está traducido ao galego, e poida que non sexa necesario -non deixa de ser un libro portugués sobre Portugal:a súa historia e o seu presente-, pero a min paréceme pertinente.
- Nós tamén padecimos unha longa dictadura, sería bo reflexionar e ver que ficou daquelo, que pensa (que sabe) a xente nova, e nós, os que eramos novos daquelas, e os nosos pais...
- É a historia recente do noso país veciño e irmán... non digo máis. Xa é vergoña, coñecermos todos as incidencias da Guerra de Secesión Norteamericada e non saber nada da Revolución do Cravos portuguesa.
24/4/11
15/4/11
Galiza co Galego
Desde Nova Escola Galega faise un chamamento á sumarse nesta iniciativa:
O movemento de Galiza co Galego necesita 152 apoios para chegar aos 3.000. Súmate para facer efectivo o dereito á educación en galego en : http://www.facebook.com/l/ae31
11/4/11
5/4/11
PREXUIZOS

Tampouco teño máis que dicir, a imaxe xa o di todo.
Non deixedes de entrar na páxina e difundídea.
Indignádevos
Eu diría que este sentimento se produce en resposta ao acto que atenta contra a nosa dignidade.

Hai tanto xa na rede que non teño nada novo que aportar:
- O blogue da editorial Kalandraka adícalle un par de entradas interesantes.
- Un artigo de Xosé Manuel Sarilloo 22.02.2011 en "El Correo Gallego"
- No "Galicia Hoxe" do 30.03.2011, tamén se publica un artigo de opinión de Miguel Anxo Fernán Vello, en CADERNO ABERTO que titula: Hessel e Sampedro
- Sobre este libriño e o prólogo de Xosé Luis Sampedro tamén hai unha páxina de Fírgoa da USC.
- A min gústame especialmente a entrada no blogue ETIKELES da Biblioteca Escolar do IES Fraga de Novio, en Porto do Son.
4/4/11
3/4/11
Edilim
Da biblioteca de EdiLim, podedes baixar actividades listas para aplicar ou baixades o programa para elaborar as actividades que vos interesen.
Primeiro:
Segundo:
29/3/11
PRENSA NA AULA
Teremos eleccións locais en breve e todo se nos vai en promesas e boas caras, porque as inauguracións xa están feitas. Os medios tradicionais súmanse tamén á pre-campaña. Pero hai outros medios aos que acudir:
Certo. es publica algunha nova para comentar na aula: Gaiolas de salmón: con nocturnidade e facendo oidos xordos á comunidade mariñeira.
INMIGRACIÓN E ELECCIÓNS:Para que sigamos utilizando a prensa e a actualidade nas nosas aulas enlazo esta nova de periodismo humano.com moi acaída neste momento: Manifiesto contra el uso demagógico y populista de la inmigración ante las próximas elecciones municipales
28/3/11
CURTAS: relatos en imaxes.
Podemos traballar a competencia en comunicación lingüística con este vídeo? E a comprensión lectora??
E a través de Román este enlace para o ENCONTRO AUDIOVISUAL GALEGO.
24/3/11
Portugal...
Xa coñeceredes, supoño o do grupo Deolinda: Parva que sou?? O grupo Homens da luta versiona este tema.
A mesma televisión portuguesa comentaba o tema nos seus informativos...
22/3/11
Rematou o curso
Rematou o curso, si. E nesta última sesión Román abriunos as portas (e deixounas abertas a través dun seu blogue: AULA LGL e co enlace ao blogue de Xano: ALGUNHAS APLICACIÓNS MULTIMEDIA) á posibilidade de mudar a metodoloxía, desenvolver as competencias e dar protagonismo ao alumnado facilitando a súa autonomía coa utilización das TIC. As tres ferramentas que nos presentou:
GLOGSTER: para facer cartaces dixitais
goAnimate: para facer animacións
IKIMAP: para traballar sobre mapas, facer roteiros, etc
Son só unha mostra do que se pode facer, sen esquecer, nunca, que as TIC son unha ferramenta para mellorar o noso traballo como docentes.
Eu, pola miña parte, seguirei traballando nesta bitácora e nela irei metendo o que considero de interese para todos nós, para o noso traballo e non só...
TRAFEGANDO RONSEIS
Centrou a nosa atención sobre os álbums, que marabilla, non si?. Non lles vedes moitísimas posibilidades? E canta razón ten en que non son tan doados de entender... Non sei, pero a min fanme pensar nas catedrais, nas igrexas que contan historias en pedra.
Nesta presentación ( que non é a que nos fixo Gracia) podedes ver algo sobre o tema dirixido, máis ben, a Primaria.
A miña recomendación é que sigades o seu blogue: TRAFEGANDO RONSEIS, onde sempre habedes de atopar libros e ideas.
18/3/11
Román Cerqueiro Landín. Sobre a primeira sesión
Textualmente(eu tamén) escríbe Román: "Entre as ligazóns que hai na presentación, eu destacaría dous vídeos de Jordi Adell, especialmente o segundo, que define como nos debemos enfrontar ás TIC, tamén os docentes, para aprender a manexalas e innovar con elas no noso traballo. El fala de contornos virtuais de aprendizaxe e creo que é moi didáctico para os participantes en cursos como o noso xa que nisto das TIC grande parte da formación se fai desa maneira autodidacta.
Ademais, a seguinte reflexión de Xano tamén afonda nesa liña".
O vídeo está moi ben e moi clariño. A reflexión de Xano impresionante; coma o porco: aprovéitase todo. E a presentación de Román necesaria e pertinente.
Eu, coma sempre, recoméndovos que sigades o seu blogue e lle tiredes todo o proveito posible.
Segunda sesión do curso A LINGUAXE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
Deixounos un documento, que vos enlazo e podedes descargar aquí, con enlaces interesantísimos. Para descargar programas "libres", para utilizar actividades xa feitas, ou para facelas nós, titoriais para aprender a manexar estas aplicacións, e moito máis.
11/3/11
PRIMEIRA SESIÓN: UNHA REFLEXIÓN NECESARIA
Na sesión de onte Román Cerqueiro Landín fixo unha reflexión, atinadísima e moi necesaria, sobre a necesidade de mudar as nosas propias actitudes como docentes. As TIC son unha ferramenta de apoio ao cambio metodolóxico imprescindible.
As competencias básicas, a necesidade de traballalas desde cada área e como abordalas. A obriga que temos todos de actuar como mediadores para que o noso alumnado desenvolva a competencia de comunicación lingüística (Competencia), pero tamén a competencia de aprender a aprender, a competencia de autonomía e iniciativa persoal, competencia en tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá. E todas ellas sen sairse da área de lingua nin do PROGRAMA, PROGRAMA, PROGRAMA.
10/3/11
A LINGUAXE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Este primeiro día contamos con Román Cerqueiro Landín, profesor de lingua e literatura galega e coordinador do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Porto do Son.
Moitos de nós seguimos o seu blogue: CADERNO DE LINGUA, blogue de aula de lingua e literatura galega.
Román ocupa a vice-secretaría d' A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) formada por equipos de centros públicos, privados e concertados.
Participou como relator en varios cursos sobre este tema:
As bitácoras e o seu potencial educativo. O caderno de lingua
Os blogues como recurso de aula
Recursos da Web 2.0: elaboración dun blogue multimedia con Wordpress
O blog da biblioteca
Os blogs no desenvolvemento curricular
8/3/11
8 de marzo: día da muller traballadora.
4/3/11
A prensa
á máis global (periodismohumano.com), e non deixa de ser unha ferramenta para contrastar as informacións que chegan a todos os centros, queirámolo ou non, desde "La voz de Galicia".
Algúns centros teñen xa un acceso á prensa dixital:
http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/category/8/134/100
http://www.edu.xunta.es/centros/iesbrion/node/92Eu, pola miña parte achégovos uns enlaces que xa coñeceredes, pero...
Hoxe recoméndovos a lectura e debate sobre esta información aparecida en PERIODISMO HUMANO.
2/3/11
Alá foi VIEIROS e agora FLOCOS

Desapareceu Vieiros, agora alá vai Flocos.
O noso goberno vai desmantelando todo o que cheire (arrecenda) a cultura galega
Que facer? Algo teríamos que facer, digo eu.
23/2/11
22/2/11
COMPRENSIÓN LECTORA
gustaríame compartir esta presentación de Cristina Novoa da que podemos tirar moitas e moi boas ideas.
21/2/11
Encontro de docentes e equipos pola normalización
Este é o correo que eu recibín e, tal cual, volo paso:
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.
Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.
Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.
A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.
16/2/11
Espazo Lectura
Nos (cando menos eu) coñecemos a Juan Mata, da man de Cristina Novoa, naquelas memorables "Xornadas de Bibliotecas Escolares" do 2005 enamorámonos del, da súa palabra, aprendendo "Como mirar a la Luna"
É, logo, un vello amigo das Bibliotecas Escolares Galegas.
Tamén é o autor de varios libros imprescindibles para calquera persoa interesada en promoción da lectura.
Parabéns a Espazo Lectura.
10/2/11
Carta Xeométrica: Datos da docencia en galego na USC
Éche o que hai. Poderíamos reflexionar sobre o tema.
9/2/11
NOAL, SonCine, do IES de Porto do Son
4/2/11
Belen Regueira nos Mestre Mateo
Ray Bradbury en Muros
31/1/11
25/1/11
Presentación de Miguel Vázquez Freire: CINE E LECTURA
19/1/11
CELTIC ROOTS, un proxecto multidisciplinar
18/1/11
A ESCOLA DAS AREAS
Paréceme moi oportuno e penso que merece difusión.
14/1/11
periodismo humano
O xornal dixital Periodismo Humano, que tamén nos podería ser de utilidade nas aulas, busca apoios para non ter que pechar.
Será cousa de cavilarmos un pouco no tema